Gastronomía na illa

No festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024 contaremos con espazos gastronómicos de proximidade. A súa oferta inclúe propostas vexetarianas ou veganas. 
Se tes algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria, recomendamos que leves a túa propia comida. 
Se tes dúbidas sobre os menús, por favor, contacta con nós en festival@sinsalaudio.org 

Galetruck

  • Hamburguesa galega: tenreira, leituga, tomate, cebola á prancha e queixo Arzúa.
  • Hamburguesa de cabra: tenreira, leituga, tomate, cebola á prancha e queixo de cabra.
  • Hamburguesa con setas: tenreira, leituga, tomate, cebola á prancha, setas e queixo fundente.
  • Hamburguesa ‘empadronada’: tenreira, leituga, tomate, cebola á prancha e queixo con pementos de Padrón (Casa Zolle.
  • Patacas fritas naturais.

78 GastroBar

  • Hamburguesa de choco.
  • Brioche de pata de lura con crema de tetilla.
  • Empanadilla de zamburiñas e xamón.
  • Empanadilla de mexillóns e chourizo.
  • Empanadilla frita de choco.
  • Empanadilla frita de polo con champiñóns e nata.
  • Empanadilla frita de verduras con curri.
  • Ración de arroz con verduras e algas.
  • Torta de chocolate.
  • Torta de queixo.
  • Torta de cenoria.
  • Tarta de pastel de mazá con toffee.

Arián Chef

  • Gazpacho de millo e mango.
  • Ceviche de plátano macho, shiitake de Trives, coco e froita da paixón.
  • Sandwich “club” vexetal (hummus, berenxena, follas tenras, tofu agridoce, tomate).
  • Taco de millo corvo, tofu marinado, millo crocante e cebola encurtida semi doce.
  • Chocolate quente especiado.
  • Cookies (integral, eco, azucre de cana sen refinar, baixas en azucre).

A Leñeira

  • Pizza Romana: xamón e olivas negras.
  • Pizza Pan-Z: touciño e champiñóns.
  • Pizza 4 queixos: queixo de cabra, gouda, azul e mozzarella.
  • Pizza Primavera: verduriñas de tempada (opción vegana sen queixo).
  • Pizza Caprese: tomatiño fresco con queixo de cabra e alfábega (opción vegana sen queixo).
  • Pizza Margarita: a base de todas, a máis simple e xeitosa. Queixo e tomate.
  • Pizza sorpresa. Dispoñible ata fin de existencias.

Niño Corvo

  • Bao de luras fritas.
  • Brioche de xarrete estofado.
  • Fish burguer de pescada.
  • Xarda “á chama” con arroz de sushi e sésamo.