Sostibilidade

A Estratexia de Sostibilidade de Sinsal SON Estrella Galicia está orientada a conseguir un evento próximo, participativo, social, horizontal, aberto, educativo, respectuoso coas persoas, respectuoso co medio ambiente, que vele pola conservación e promoción do patrimonio natural e pola conservación e promoción do patrimonio cultural. 

A sostibilidade é un motor de cambio nos ámbitos, social, medioambiental e económico; a Illa de San Simón, coa súa historia, patrimonio e beleza, pon a proba o compromiso da organización.

  • O festival desenvolveu seis liñas de traballo nestes tres ámbitos: #sinsalporigual #sinsalediverso #sinsalecircular #sinsalelocal #sinsalsenplásticos #sinsalsenmalosfumes
  • Protagonismo de mulleres no staff e cartel artístico, eliminación de plásticos, oferta gastronómica diversa con produto ecolóxico e local, segunda oportunidade para materiais ou propostas de transporte compartido, son algunhas das accións impulsadas.
  • O obxectivo a curto prazo: que público, colaboradores e provedores se impliquen na estratexia do festival, como parte que son do mesmo.
  • SON Estrella Galicia, a marca de música da cervexeira galega por excelencia, é o noso aliado privado máis importante. Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra, os institucionais.
     

Descargar compromiso asinado.