FAQ
-
O festival
-
Que é Sinsal SON Estrella Galicia?
É, ante todo, un festival de música que se celebra, ao longo de tres xornadas, na illa de San Simón (Redondela, Ría de Vigo). Desde o corazíón das Rías Baixas pretendemos ofrecer unha pequena mostra da creación contemporánea máis destacada do momento. -
Cando naceu o festival Sinsal?
No ano 2003, a promotora galega Sinsalaudio, responsable da organización do Festival Sinsal SON Estrella Galicia en San Simón, estreou na cidade de Vigo a primeira edición do evento cun ciclo de concertos por varios espazos interiores da cidade. A partir do ano 2012, ademais de manter a conexión local, a actividade trasládase á illa de San Simón, onde ten lugar esta extensión tan singular como excepcional no calendario de festivais do verán. Neste enlace podes consultar o arquivo histórico do noso evento. -
Por que é tan especial un festival de 800 persoas?
Nun momento no que se suceden numerosas citas musicais, Sinsal SON Estrella Galicia, un dos festivais máis pequenos do verán, atopou o seu oco entre os máis interesantes. Boa parte da atención que recibe é polo atractivo da súa localización: o arquipélago conformado polas illas de San Simón e Santo Antón. Arredor deste BIC (Ben de Interese Cultural), deseñamos unha experiencia única en toda a Península Ibérica. A xornada comeza (e remata) cunha viaxe en barco pola Ría de Vigo. Ao desembarcar, a illa de San Simón acolle, durante unhas horas, a artistas e público prodecentes de todo o mundo. -
Por que organizar un festival cun cartel secreto?
A pesar das dificultades que supón comunicar cada ano un evento desbotando, previamente, a promoción dos seus artistas, desde a organización do Sinsal cremos que esta chiscadela reforza unha mensaxe cada vez máis necesaria. Queremos situar no centro da nosa programación ao público e contribuír a un turismo sostible -se isto é posible- destacando a necesidade de convivir co territorio a unha velocidade máis lenta. A nosa ilusión é compartir a paixón pola música e experimentar a emoción por acoller o descoñecido. -
Como organizamos a programación do Sinsal?
En cada edición presentamos novos valores de España, Portugal e Galicia. Tamén, co obxectivo de reducir a nosa pegada de carbono, compartimos artistas internacionais con outros festivais afíns por toda a Península Ibérica. Por último, completamos a programación cunha selección exclusiva de propostas de todo o mundo que tocan por vez primeira en España ou en Galicia. Cada unha destas "paradas" configura un cartel final diverso en estilos, sons e culturas. -
Cada día actúan artistas diferentes?
Si. No caso de repetir algunha proposta, comunicarémola con antelación, mais sempre sen desvelar o nome da banda ou solista. Ao longo dos escenarios situados nas illas de San Simón e Santo Antón, vanse sucedendo as actuacións. Cada escenario ten o seu horario e, ao rematar o concerto, o público desprázase até a seguinte localización. Unicamente programamos a dous artistas de xeito simultáneo pola necesidade de ofrecer unha maior "intimidade" con algunhas propostas e este feito prodúcese, tan só, durante unha hora. -
Que outras actividades hai durante o festival?
Desde a organización planificamos un conxunto de actividades co obxectivo de ampliar e reforzar a vosa experiencia en San Simón: visitas guiadas pola illa, itinerarios para descubrir a historia do arquipélago, exposicións, gastronomía, charlas, concertos acústicos, deportes e obradoiros conforman a nosa oferta cultural alternativa. -
Que é a Escola Sinsal?
É o proxecto educativo do festival Sinsal centrando na recuperación da memoria sonora do século XX: Naceu no ano 2006 e, até a actualidade, pasou por diferentes etapas: a divulgación de formatos desaparecidos, a presentación de obxectos que forman parte da historia do rexistro sonoro, obradoiros de música con reprodutores analóxicos...etc. En cada edición do festival ofrecemos a posibilidade de realizar actividades relacionadas con esta proposta exclusiva de Sinsal.
-
-
Sinsal 2024: información xeral
-
Como podo asistir o festival Sinsal?
Mercando unha entrada ou abono do Festival Sinsal SON Estrella Galicia a través da plataforma oficial Enterticket. A entrada inclúe, ademais do acceso ao festival, a viaxe en barco de ida e volta. -
Cales son os diferentes tipos de entradas que se ofrecen?
Por día e un abono xeral co que poderás asistir a todas as xornadas do festival. -
Que prezo teñen os abonos e as entradas?
A pasaxe do barco está incluída na entrada, por iso comprobarás que para unha mesma xornada hai diferentes prezos. A viaxe desde o porto de Vigo é máis cara que desde o porto de Meirande mais, aínda así, desde a organización do festival queremos compensar no importe final da entrada o valor ponderado entre ambos traxectos. De non ser así, teriamos que penalizar o traxecto desde o porto de Vigo. Na sección de Entradas e abonos da nosa web poderás comprobar o prezo de cada unha das entradas, que van desde os 45 e até os 65 euros en función do día e do embarcadoiro desde o que viaxes. -
Cando estarán dispoñibles os abonos e as entradas en Enterticket?
Os abonos estarán dispoñibles desde o 10 de maio a partir das 12.00 horas, mentres que as entradas por día sairán á venda o luns 13 de maio ás 12.00 horas. O enlace directo de venda estará dispoñible na sección web Entradas e abonos. -
Como poden asistir os menores de idade ao festival?
Debido ás características singulares do noso festival, é necesario cumplir tanto coa normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia como coa lei de transporte marítimo de pasaxeros. Por tanto, a normativa a aplicar é a seguinte:- Os menores de idade pero igual ou maiores de 14 anos poderán viaxar no barco e acceder ao festival sen a compañía dun adulto, sempre e cando presenten o seu DNI.
- Os menores de 14 anos non poden acceder ao festival sen a compañía dun adulto. Neste caso só poden entrar nas seguintes condicións.
- Se teñen menos de 5 anos, o acompañante deberá de ser unha persoa maior de 18 anos.
- Se teñen entre 5 e 13 anos, o acompañante pode ser unha persoa maior de 16 anos (que dispoña de DNI).
Importante: No caso de que este acompañante non sexa algún dos seus proxenitores ou titor legal, será imprescindible a presentación dun consentimento do mesmo acompañado dunha fotocopia do seu DNI, do LIbro de Familia, onde consten o menor e o proxenitor que autoriza, ou do Certificado do Rexistro Civil. -
Os menores de 0 a 3 anos contabilizan como pasaxeiros do barco e asistentes ao festival?
Si. Así está na normativa específica de transporte marítimo e de capacidade de eventos públicos. Calquera persoa, independentemente da súa idade, representa unha praza.
Apuntamento: a illa de San Simón é un espazo natural e urbanizado. Ao longo das dos illas atoparás desniveis, escaleiras e existe, incluso, o risco de caída ao mar. Por iso, en todo momento, os menores de 14 anos deberán de estar acompañados e vixiados polos seus pais, titor legal ou acompañante responsable.
-
-
Compra de abonos e entradas
-
Onde podo comprar os abonos e entradas de Sinsal 2024?
Na web de Enterticket. É a única plataforma autorizada pola organización do Festival Sinsal SON Estrella Galicia. -
Como se organiza o proceso de venda desde a plataforma Enterticket?
O servizo ofrécese por orde de chegada á web. Se hai moita xente comprando á vez, recomendamos que intentes refrescar a páxina web cada pouco tempo. Durante a solicitude, as entradas seleccionadas polo comprador que non concluíran o proceso de venda, quedarán, de novo, á disposición do público. -
Canto tempo pode levarme conseguir as entradas?
Dependerá do número de solicitudes que coincidan nese momento na plataforma. Durante as primeiras horas de saída á venda, debes de ter paciencia antes de conseguir as túas entradas ou abonos. Agradecemos, de antemán, a túa insistencia e paciencia. -
Canto tempo teño para formalizar o proceso de compra?
Desde que Enterticket permite o acceso, terás un total de 10 minutos para concluír a compra. Pasado ese tempo, que non tes confirmado a selección, esos abonos ou entradas individuais quedarán á disposición das e dos usuarios que estean na cola virtual.
Para poder concluír o proceso nese tempo, recomendámoste:
1. Ter de man (e preparados) os datos que che solicitarán no proceso. É dicir, o nome completo e o número de DNI dos asistentes.
2. Un correo electrónico (xeral) de recepción das entradas.
3. É moi importante que antes de entrar á web planifiques o porto de saída que máis che preste (Vigo ou Meirande). Tes toda a información sobre os portos nesta misma web, no apartado ‘Barcos: horarios e embarcadoiros’. -
Por que, nun primeiro momento, hai entradas marcadas como "esgotadas", mais despois aparecen de novo á venda?
Durante o proceso de compra podes coincidir con outras persoas realizando a misma solicitude. Debido á capacidade do festival e ao número de prazas dispoñibles desde cada porto (esta última é unha circunstancia que se dá só neste festival), a oferta dispoñible de entradas por traxecto é inferior á demanda. Porén, lembra que, nese momento puntual, se o solicitante non finaliza o seu proceso de compra en dez minutos, estas entradas quedarán de novo á disposición do público. -
Teño a obriga de rexistrarme en Enterticket para mercar as entradas?
Non é preciso, mais facer previamente o rexistro facilitará que collas as entradas con máis axilidade. -
Cantos abonos ou entradas podo mercar dunha vez?
Poderás adquirir, con cada proceso de compra, até un máximo de 6 abonos ou entradas. -
Como podo facer se quero mercar entradas a menores de 16 anos?
Cando entres na plataforma de Enterticket, atoparás a opción que che permitirá seleccionar a entrada específica de menores de ou con 16 anos. -
Merquei unha entrada, mais non recibir o correo de confirmación, Que debo facer?
Ante calquera incidencia, por favor, escíbenos un correo á dirección festival@sinsalaudio.org. Responderemos o antes posible a túa mensaxe e intentaremos axudarte coa túa consulta. -
Unha vez que merque a entrada, podo mudar os datos persoais?
Si. O nome e o resto de datos pódense mudar na plataforma de venda oficial, entrando no seguinte enlace https://venta.enterticket.es/cambios -
Onde podo consultar as condicións xerais de venda?
As condicións xerais de venda de entradas deoFestival Sinsal SON Estrella Galicia están dispoñibles nesta mesma páxina web.
-
-
A viaxe en barco: embarcadoiros e horarios
-
Como podo chegar á illa de San Simón?
O único xeito de chegar ao festival é subindo a algúns dos barcos fletados pola organización. O billete do barco xa está incluído na túa entrada. -
Onde podo coller o barco?
Contamos con dous embarcadoiros. O primeiro está na cidade de Vigo, no peirao 3 da Estación Marítima da Ría de Vigo; e o segundo no Centro de Interpretación de Rande en Meirande (Redondela). Recomendámoste que escollas en función das túas posibilidades de mobilidade.
Apuntamento: ten en conta que as datas do festival coincide coa tempada alta de verán e, polo tanto, pódense producir retencións de tráfico por diferentes causas. Vai con tempo ao embarcadoiro e evita agobios de última hora. Recomendamos que chegues con 30 minutos de antelación á saida do barco. -
Canto dura a viaxe en barco?
Desde Vigo uns 50 minutos e desde Meirande (Redondela) sobre uns 20 minutos.
Apuntamento: recomendámoste que, antes de mercar a túa entrada, analices os horarios e escollas o peirado que mellor se adapte as túas necesidades, especialmente se asistes ao festival con menores. Ten presente que o traxecto Meirande-San Simón é bastante máis corto que o de Vigo-San Simón, e que o horario de saída desde o porto de Meirande é máis tarde que desde Vigo (e, ao finalizar o festival, os barcos a Meirande son os primeiros en volver da illa). -
Onde está o peirao 3 do porto de Vigo?
Na Estación Marítima da Ría de Vigo, situada na rúa Cánovas del Castillo e moi perto do centro hiistórico da cidade. É tamén a zona onde atracan os barcos que saen (ou chegan) a outros destinos regulares como Cangas, Moaña e Islas Cíes, polo que en tempada alta de verán os peiraos contan cunha grande afluencia de público, -
Onde está o peirao de Meirande?
O embarcadoiro de Meirande, no Centro de Interpretación de Rande, Redondela, está localizado no estrito de Rande, antigua Fábrica del Alemán, a 10 km de Vigo. A continuación indicámoste como chegar a Meirande,- Desde Pontevedra por la AP9
- Cruza el Puente de Rande.
- Toma la salida 151 de la AP9 (Teis-Chapela) y coge la N-552 a Redondela.
- Al pasar la rotonda de Rande, recorre 1 km por la N-552 en dirección Redondela. Cuando encuentres una antigua torre de transformador eléctrico, dirígete a la izquierda, hacia el Centro de Interpretación de Meirande.
- El aparcamiento (señalizado por la organización del festival) está situado en la explanada de contenedores de la antigua compañía Duchess. - Desde Redondela por la carretera nacional N-552
- Cuando circulas por la N-552 en dirección Vigo, aunque el desvío a Meirande coincide con tu derecha, no puedes hacer el giro por lo que debes pasar de largo y hacer un cambio de sentido en la rotonda de Rande.
- A continuación, recorre 1 km por la N-552 en dirección Redondela. Cuando encuentres una antigua torre de transformador eléctrico, dirígete a la izquierda, hacia el Centro de Interpretación de Meirande.
- El aparcamiento (señalizado por la organización del festival) está situado en la explanada de contenedores de la antigua compañía Duchess. - Desde Vigo por la AP9
- Toma la salida 148 de la AP9 (Redondela) y coge la N-552 a Redondela.
- Al pasar la rotonda de Rande, recorre 1 km. por la N-552 en dirección Redondela. Cuando encuentres una antigua torre de transformador eléctrico, dirígete a la izquierda, hacia el Centro de Interpretación de Meirande.
- El aparcamiento (señalizado por la organización del festival) está situado en la explanada de contenedores de la antigua compañía Duchess. - Desde Vigo por la carretera nacional N-552
- Toma la N-552 en dirección Chapela-Redondela.
- Al pasar la rotonda de Rande, recorre 1 km. por la N-552 en dirección Redondela. Cuando encuentres una antigua torre de transformador eléctrico, dirígete a la izquierda, hacia el Centro de Interpretación de Meirande.
- El aparcamiento (señalizado por la organización del festival) está situado en la explanada de contenedores de la antigua compañía Duchess.
- Desde Pontevedra por la AP9
-
Hai estacionamento perto do embarcadoiro de Meirande?
Si. Atópase na explanada de contedores da antigua compañía Duchess e está a uns 200 metros do peirao onte se colle o barco. O percorrido desde o que se toma o desvío na N-552 até o estacionamento estará sinalizado pola organización. -
Cal é o horario de ida e volta dos barcos desde Vigo?
- O venres 26 de xullo o barco sairá do porto de Vigo ás 14:45 horas e regresará de San Simón ás 23:00 horas.
- O sábado 27 de xullo o barco sairá do porto de Vigo ás 12:15 horas e regresará de San Simón ás 23:00 horas.
- O domingo 28 de xullo o barco sairá do porto de Vigo ás 11:45 horas e regresará de San Simón ás 21:45 horas.
Lembra que os horarios son aproximados e poden sufrir modificacións. Recomendamos que sigas as nosas redes sociais e consultes o teu correo electrónico.
-
Cal é o horario de ida e volta dos barcos desde Meirande?
- O venres 26 de xullo o barco sairá do porto de Meirande ás 16:15 horas e regresará de San Simón ás 22:15 horas.
- O sábado 27 de xullo o barco sairá do porto de Meirande ás 13:45 horas e regresará de San Simón ás 22:15 horas.
- O domingo 28 de xullo o barco sairá do porto de Meirande ás 13:15 horas e regresará de San Simón ás 21:10 horas.
Lembra que os horarios son aproximados e poden sufrir modificacións. Recomendamos que sigas as nosas redes sociais e consultes o teu correo electrónico.
-
Que pasa se perdo o barco que me debe levar á San Simón?
A organización non se fai responsable das persoas que se queden en terra por chegar tarde aos portos de embarque. Lembra que debes chegar con 30 minutos de antelación ao embarcadoiro porque é a mellor maneira de asegurar a túa viaxe.
Recomendamos que viaxes con tempo. Na Estación Marítima de Vigo (e na súa contorna) tes unha grande oferta de servizos de hostelería e en Meirande podes visitar o centro de interpretación. -
Podo cambiar o porto de saída ou de chegada?
Non. Os portos de saída e chegada son os que se solicitaron no momento da compra da entrada. Se intentas cambiar, tanto á ida como á volta, non pasarás os controis de acceso ao barco. -
Que pasa se perdo o barco de volta?
Se perdes o barco de volta ao litoral, teremos un problema, pois non podes quedar na illa. Se chegase a pasar esta situación, proporcionarémoste un barco especial desde a illa e até o peirao de Cesantes (Redondela); pero este gasto extra que se daría por irresponsabilidade deberá ser asumido por cada pasaxeiro e terá un custo de 50 euros por persoa. -
Canto tempo teño desde que remata o último concerto ata que sae o meu barco da illa?
O horario de volta é o que aparece na túa entrada, polo que debes estar no embarcadoiro 30 minutos antes. Se non coñeces a illa de San Simón, avanzámoste que o escenario que pecha cada xornada do festival está a moi poucos metros do peirao de embarque (entre 25 e 75 metros dependendo da súa localización).
Os primeiros pasaxeiros en saír da illa son os que se dirixen ao porto de Meirande. En todo caso, a non ser que sexa unha situación excepcional (como, por exemplo, mal tempo), non damos permiso de saída aos barcos ata que remate o festival. Se non hai incidencias, o último concerto sempre remata antes de comezar a embarcar o público. Ademais, durante a saída da illa, a organización mantén ao público informado pola megafonía. -
Podo abandoar a illa en caso de urxencia?
Si. O festival conta cun protocolo de emerxencia. Calquera imprevisto persoal ou por problemas de saúde, contacta coa organización e activaremos a túa saída. Este servizo interno do festival só pode cubrir traxectos cortos, polo que o porto de referencia en caso de evacuación é o de Cesantes (Redondela).
-
-
A estancia na illa
-
Que debería leva a Sinsal SON Estrella Galicia?
Consulta o tempo antes de ir ao festival. Non esquezas que vas a unha illa, polo que a sensación térmida pode descender algúns graos respecto ao litoral. Se o tempo é bo, agradécese un chapeu ou gorro e crema solar. Pola contra, se hai ameaza de choiva, un chuvasqueiro non sobra. Con todo, o mellor consello que che podemos dar é que sempre leves unha chaqueta ou xersei. É importante tamén ir con calzado cómodo, mais sen esquecer que o chan é irregular e hai moita vexetación, polo que recomendamos que protexas os teus pes e evites o calzado de praia. E se queres deitarte no chan, recomendamos que leves unha toalla ou manta de picnic, por exemplo.
Este ano convidámoste a que veñas co teu KIT FESTIVALERO REUTILIZABLE e; é dicir: un vaso doutro festival, pano de mesa de tea, prato de picnic, garfo e culler de varios usos. Todo este material debes levalo de volta, lavalo en casa e deixalo preparado para a túa próxima saída. -
É necesario levar auga ao festival?
Na illa de San Simón hai auga potable en fontes e aseos, polo que animamos a que uses o teu vaso reutilizable (ou ben da vaixela do evento ou do teu “kit festivaleiro”). Podes consultar ou descargar aquí o mapa dos puntos de agua.
Se consideras que a auga da billa está quente ou non che gusta o seu sabor, nós proporcionarémosche gratis o xeo ou o limón. E, se a pesar de contar con auga potable, decides vir coa túa auga, lembra que debe ser en botella de plástico e que no control de acceso poderemos retirar o tapón por cuestións de seguridade. -
Podo levar comida e bebida ao festival?
Durante o festival hai unha oferta gastronómica variada que inclúe opcións vexetarianas e veganas. Con todo, podes vir coa túa comida –ou bebida sen alcol– coas seguintes condicións:- Por normativa de seguridade, as botellas deben ser de plástico e con tapón de rosca (que se poderá retirar ao acceder á illa)
- Tampouco se pode introducir no festival envases/recipientes de vidro, metálicos... etc.
Apuntamentos:- Se viaxas con menores ou necesitas acceder con algún obxecto especial, contacta, por favor, connosco.
- Se tes algunha intolerancia alimentaria, recomendamos que leves a túa propia comida por se a oferta do festival non é do teu interese.
-
Debo levar diñeiro en efectivo? Hai TPVs?
A moeda oficial do festival é o Nemo, que poderás cambiar por euros nas oficinas do festival. Durante a xornada, e ata media hora antes da saída do teu barco (lembra que debes estar no embarcadoiro con 30 minutos de antelación), poderás trocar a moeda que che sobre por euros. Ademais, en todos os servizos dispoñeremos de TPVs por se prefires pagar con tarxeta. -
Como é a accesibilidade na illa?
Desde Sinsal traballamos para que o noso festival sexa un evento inclusivo e accesible. Desde a organización estamos á túa disposición e facilitaremos a túa estancia en todo o que estea da nosa man. Con todo, se necesitas dalgún servizo específico e tes dúbidas, por favor, escríbenos a festival@sinsalaudio.org co asunto "ACCESIBILIDADE" e poñerémonos en contacto contigo canto antes.
Se es unha persoa con mobilidade reducida, debes saber:- A illa dispón de baños específicos en varios edificios.
- Aínda que a viaxe en barco está garantido, é importante que nos escribas un e-mail a festival@sinsalaudio.org co asunto “ACCESIBILIDADE”, porque nalgunhas zonas da illa, por exemplo no peirao ou a ponte, o pavimento é irregular. Esta información permitiranos axudar e colaborar en todo o que sexa posible.
- Na maioría de escenarios non hai problemas de visibilidade e sempre facilitaremos o acceso a un lugar preferente.
-
Podo levar animais de compañía?
Non, agás no caso dos cans guía. Escríbenos, por favor, con antelación a festival@sinsalaudio.org co asunto "ACCESIBILIDADE" e poñerémonos en contacto contigo.
-
Podo bañarme na illa ou chegar no meu barco?
Non, é normativa interna da illa de San Simón. -
Podo facer fotos ou gravar vídeos durante o festival?
Está permitido realizar fotografías a condición de que se realicen sen ánimo de lucro e protexendo o dereito á privacidade do resto dos asistentes.
Apuntamento: Se queres cubrir o evento, lembra que previamente debes solicitar a túa acreditación a través do correo electrónico de prensa@sinsalaudio.org. -
Pódese fumar en Sinsal SON Estrella Galicia? E mercar tabaco?
Non hai tabaco á venda e só se pode fumar nas zonas reservadas, que estarán debidamente indicadas tanto na illa como no mapa que atoparás ao desembarcar.
Importante: non está permitido tirar cabichas ao chan e todas as persoas fumadoras deben viaxar a San Simón co seu cinceiro portátil. As cabichas son un residuo alleo ao festival e, polo tanto, terán que saír da illa coas persoas que os xeren. -
Hai punto de obxectos perdidos? Como podo recuperalos despois do festival?
Si, nas oficinas de administración durante a celebración do festival. Tamén podes escribirnos un correo electrónico a festival@sinsalaudio.org co asunto “OBXECTO PERDIDO”. -
Que teño que facer se quero presentar unha reclamación?
Podes visitar as nosas oficinas durante o festival e solicitar unha folla de reclamación; pero tamén podes enviar un correo electrónico a festival@sinsalaudio.org co asunto “RECLAMACIÓN”. -
Haberá papeleiras nas que depositar os meus residuos e as miñas cabichas?
Unha das grandes novidades da nova edición de Sinsal é que desaparecen as papeleiras da illa. Todos os residuos xerados polo festival recolleranse e separaranse nun único punto habilitado pola organización, pero a recollida e xestión de residuos alleos ao evento, como as cabichas, deben de saír da illa coas persoas que os xeren.
-
-
#sinsalsenrastro
-
Que é #sinsalsenrastro?
É unha iniciativa coa que vos convidamos a reflexionar e a participar á hora de xestionar os residuos cada vez que saímos de casa: na praia, a montaña, un festival etc. Baséase na teoría das 3R: reduce, reutiliza, recicla. Desde Sinsal apelamos a un compromiso mutuo, un esforzo compartido entre festival, público, entidades colaboradoras e patrocinadoras en beneficio do medioambiente e das persoas. -
Como podo participar en #sinsalsenrastro?
Animámoste a vir ao festival co teu KIT FESTIVALEIRO reutilizable; é dicir: un vaso ou recipiente no que poder beber auga potable das billas, pano de mesa de tea, prato de picnic, garfo e culler de varios usos (sempre que non sexan de vidro ou metálicos).
Todo este material debes levalo de volta, lavalo en casa e deixalo preparado para a túa próxima saída. Sabemos que, ao principio, esta práctica pode parecer unha bobada, pero estamos seguras que, co tempo, este kit formará parte dos nosos obxectos persoais de viaxe. -
Que outras medidas compartiremos dentro de #sinsalsenrastro?
Nesta edición incorporaremos novos elementos á vaixela reutilizable do festival Sinsal SON Estrella Galicia. Ademais do prato e do vaso conmemorativo -e os vasos reutilizables de cervexa de Estrella Galicia-, este ano poderás reservar cuncas e panos de mesa de tea. Estarán á túa disposición previa entrega dun depósito temporal que poderás recuperar se devolves a vaixela no punto de recollida habilitado (Punto R) ata media hora antes da saída do teu barco. -
Que é o espazo Punto R?
Unha das principais novidades de Sinsal SON Estrella Galicia 2024 será que este ano non haberá papeleiras na illa. Os residuos que xeremos desde o propio festival serán recolleitos e separados nun único punto, denominado Punto R, habilitado á beira da cafetería (ver mapa). Neste espazo tamén recolleremos os vasos, pratos e outros obxectos reutilizables que usamos durante o festival.
Lembra que cada persoa é responsable dos seus residuos. Nós coidaremos dos nosos e cada asistente debería facer o propio (sempre que sexa posible) cos que trae de casa. Na práctica, tamén xestionaremos os que veñan de fóra coa mesma ilusión e compromiso, pero lembra: canto antes cambiemos determinadas prácticas, antes reduciremos este malgaste sen sentido. -
Cal é o manual de boas prácticas para asistir a Sinsal?
- Sempre que sexa posible, usa o transporte público ou comparte o vehículo ata o porto de embarque.
- Evita levar obxectos e materiais que non se poidan reutilizar. Por exemplo: substitúe o filme, as bolsas de plástico ou o papel de aluminio por un tupper. Se non é posible, leva de volta eses residuos porque son da túa “propiedade”.
- Se cando viaxamos levamos “residuos”, é a nosa responsabilidade xestionalos e reciclalos en casa. Cada verán, atopámonos cunha estampa habitual nas nosas praias ou portos de embarque: as papeleiras a rebordar de envases. Se queremos garantir a súa correcta separación, a única solución é facelo en casa. Lembra: evita materiais dun só uso e, se non é posible, fagámonos responsables da súa xestión.
- Trae a túa propia vaixela reutilizable (vaso, cubertos, prato, pano de mesa etc.)/ etc.) a condición de que non sexan de vidro ou metálicos. Lembra que, por normativa de seguridade, non está permitido introducir botellas reutilizables con tapón na illa.
- Se non queres ou non podes traer a túa vaixela ao festival, solicita a nosa. Deberás deixar un depósito que poderás recuperar ao devolver os obxectos no Punto R ata media hora antes da saída do teu barco.
- Non cargues con botellas de auga de plástico. No seu lugar, mete na túa mochila un vaso ou recipiente pra beber. É máis cómodo e podes, por exemplo, coller auga das fontes que hai na illa. Podes contar connosco se queres xeo ou un pouco de limón. No mapa de Sinsal 2024 atoparás os puntos de auga potable.
- Pecha a billa ao lavar as mans ou encher o teu vaso con auga potable.
- Consome con responsabilidade. Se che sobra comida, compártea ou lévaa de volta a casa.
- Se fumas, utiliza as zonas habilitadas e asegúrache de non botar as cabichas ao chan. Viaxa co teu cinceiro portátil e baléirao na túa casa.
Deixa o lugar igual de limpo e recolleito que o atopaches. Deixemos #sinsalsenrastro.
-