A illa de San Simón
Un formato pequeno e respectuoso, o de Sinsal SON Estrella Galicia que, nos últimos anos, esgota todas as entradas e obriga máis que nunca a incidir de maneira positiva na contorna da Illa de San Simón (Redondela). O público de Sinsal SON Estrella Galicia, con presenza crecente de fóra de Galicia, valora de maneira extraordinaria o espazo, e o festival serve de porta de entrada á historia e patrimonio de San Simón e a súa contorna. A illa foi inspiración na lírica medieval, lazareto no século dezanove e campo de concentración na guerra do 36.
Se queres saber máis da Illa de San Simón, descarga estas lecturas:
- Sinsal San Simón e as illas posíbeis. Fran P. Lorenzo
- A illa campo de concentración. Seso Durán
- A Arquitectura de San Simón. Julio Gómez
- As mariscadoras. Os tesouros da baixamar. Iria Vázquez
- O aeroporto de San Simón. Jorge Lamas
As Rías Baixas
As Rías Baixas compoñen unha xoia paisaxística e gastrónómica de primeira orde, con algunas das mellores praias de Europa. Son o primeiro destino turístico en Galicia e abranguen desde o Monte Louro en Muros (A Coruña) até a desembocadura do río Miño.
Fantásticas praias, illas atlánticas, paisaxes con historia, cidades nas que disfrutar da actividade cultural e da noite, vilas mariñeiras e gastronomía única regada cun viño propio destas terras.
Se ves ao Festival Sinsal Son Estrella Galicia na Illa de San Simón (Redondela) tes unha oportunidade única para explorar as Rías Baixas. Recomendámosche que visites a web de Turismo Rías Baixas na que se ofrecen diferentes experiencias e rutas así como información útil sobre transportes, aloxamento e promocións.