Información

Sinsal Primavera pretende visualizar propostas singulares, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais no circuíto de programación.

Joseph Keckler, Chemtrails e Bombataz conforman o cartel desta edición, que terá lugar os días 15 e 30 de abril, e 3 de maio.

Sinsal Primavera é un evento organizado por Sinsalaudio, que conta co Concello de Vigo como colaborador principal e co apoio de MARCO de Vigo e Sala Radar.