• European Festival Awards: Sinsal SON Estrella Galicia nominado en Pequeno Formato

    Sinsal SON Estrella Galicia participa nos Premios dos Festivais Europeos na categoría de Mellor Festival Pequeno Formato. Desde o 11 de novembro xa se poden votar as candituras dos mellores festivais europeos. Até o día 30 de novembro poden votarse: Mellor Festival Formato Grande, Mellor Medio Formato (onde están os festivais galegos Resurrection e O Son do Camiño), Mellor Pequeno Formato, Mellor Indoor e Mellor Festival Novo. Ademais, tamén se pode escoller Mellor Cartel eMellor Artista Revelación 2019. 
  • Sinsal SON Estrella Galicia: Premio Fest ao Máis Sostible

    Na noite do mércores 30 de outubro, o Festival Sinsal SON Estrella Galicia (San Simón, Redondela) sumaba un novo galardón á súa traxectoria. O Premio Fest ao Festival máis Sostible foi recollido en Bilbao por Julio Gómez, codirector do evento que se celebra en xullo na Illa de San Simón (Redondela) desde o ano 2010. Os Premios Fest, que chegaban á súa sexta edición, están organizados  pola Asociación de Promotores Musicales (APM) e son entregados no marco do Congreso de Festivales do Bizkaia International Music Experience (BIME). En 2015, Sinsal SON Estrella Galicia foi distinguido co Premio Fest ao Mellor Festival de Formato Pequeno; a mesma categoría na que triunfou en 2018 nos Iberian Festival Awards, galardóns que inclúen ademais os festivais portugueses.
  • Consulta a Memoria Sinsal 2019 de xestión da sostibilidade

    Antes de que remate o ano, queremos contarvos as accións e os resultados do Plan de Xestión da Sostibilidade 2019 da empresa Sinsalaudio, centrada no Festival Sinsal SON Estrella Galicia (xullo, Illa de San Simón, Redondela) que nos serve de faro e guía para todos os eventos que organizamos. Podedes descargar a memoria 2019 AQUÍ. A continuación resumimos algunhas das iniciativas e resultados.
  • No Museo do Mar de Galicia en 2019: sostibles

    Porque a sostibilidade é un obxectivo e unha necesidade en todos os proxectos Sinsalaudio, na segunda edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar seguimos apostando pola diversidade, a reutilización, o produto local e o transporte compartido.
  • Escenarios salgados para Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar 2019

    Escenarios diversos, no interior e no exterior. O Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar 2019 quere sorprender ao público nun espazo que, de por si, xa é impresionante: o Museo do Mar de Galicia en Vigo. Os días 7 e 8 de setembro música e mar na segunda edición dun festival que se reparte en 2 días, o primeiro de pago e o segundo de balde. O sábado 7, entre as 19:00 e a 01:30 concertos de Rocío Márquez, Y La Bamba, FAIA, Mary Lattimore, Iko Cuyagua, Lady Lykez e a proposta “Escenas para unha viaxe submarina” ao redor do universo de Verne coa ESAD e o Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada do sábado ten un prezo de 25 euros; os menores de 16 anos pagan 5 euros. O domingo 8, unha programación de balde entre as 12:30 e as 16:00, cos concertos de Deva e Mundo Prestigio asi como unha oferta de talleres e visitas ao redor do mundo mariño. O público pode inscribirse nas actividades a partir deste martes a través da web do festival: www.festival.sins.al. O festival presentouse o martes 3 no museo, coas intervencións de Julio Gómez, codirector, Marta Lucio, directora do museo, e Corina Porro, delegada da Xunta de Galicia en Vigo. Tes todos os horarios AQUÍ

  • Os horarios do festival no Museo do Mar de Galicia

    Aquí tendes todos os horarios do Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar 2019,  que se celebra en Vigo os días 7 e 8 de setembro. Se queredes participar nas actividades do domingo 8, é mellor que vos inscribades para garantir a vosa praza. As actividades son de balde, pero o aforo é limitado. Podedes inscribirvos AQUÍ
  • Inscríbete nas actividades do Sinsal no Museo do Mar o domingo 8 de setembro!

    Un laboratorio de sal, un mural colectivo relacionado coas mareas, un experimento fotográfico inspirado nas algas ou entrar no Museo do Mar de Galicia, con acuario incluído. Estas son as propostas do domingo 8 de setembro no Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar gratuítas pero con aforo limitado. Inscríbete AQUÍ para garantir a túa praza. Lembra que o domingo tamén contaremos cos concertos de Mundo Prestigio (13:00) e Deva (14:30) nos xardíns do museo.
  • Lady Lykez únese ao cartel do sábado 7 no Museo do Mar

    De Londres chega o hip hop de Lady Lykez. Desde que en 2012 se dera a coñecer nos festivais de Leeds e de Reading no escenario da BBC para artistas revelación, a británica afianzou o seu persoal estilo como rapeira, influído tamén pola súa relación coa percusión, cunha voz que abala entre a levitación e a turbulencia, que recolle o seu vínculo co grime e o dancehall, e que, ademais, revélaa como unha grande cantante. 


  • Á venda as entradas para Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar

    Dous días para celebrar a música e o patrimonio marítimo de Vigo: o 7 e 8 de setembro o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar celebra a súa segunda edición. O sábado 7, a partir das sete da tarde e de pago, cos concertos de  Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e unha artista máis por confirmar. Ademais, a ESAD e o Conservatorio Superior de Música de Vigo presentan "Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne". O domingo 8, actividades e dous concertos de balde, a partir das 12:30 da mañá. As entradas para sábado 7 xa están á venda a través de www.festival.sins.al a un prezo de 25 euros máis gastos de xestión para persoas adultas e de 5 para menores de 16.
  • Sinsal SON Estrella Galicia 2019 despídese de San Simón pero vémonos no Museo do Mar en setembro

    E chegou o peche a catro días de música e actividades nese espazo único que é a Illa de San Simón, en Redondela. O domingo, os nomes do cartel composto polos sete grupos do sábado: The Venopian Solitude, Gaye Su Akiol, Surma, STUFF, Liniker e os Caramelows, Teleman e Michelle David & The Gospel Sessions, xa non colleron de sorpresa ao público, que gozou durante a xornada de talleres de arquitectura, fotográfia e origami para familias, catas didácticas de viño e conservas, andainas pola illa e sesións sonoras con Aleksander Kolkowski. Despídese a edición número dez de Sinsal SON Estrella Galicia en San Simón, avanzando setembro no Museo do Mar de Galicia, Vigo, coa presenza de Rocío Márquez como cabeza de cartel o próximo 7 de setembro. 
  • 7 concertos, 7 xeografías: diversidade na xornada do sábado 27 en San Simón

    Choveu e choveu pola mañá do sábado. O público chegou á Illa de San Simón con poalla persistente que, a partir das tres da tarde, deixou sitio a ceos claros e un sol reconfortante. The Venopian Solitude, banda de Malasia liderada pola enérxica Tahara Suiko, foi a encargada de abrir o cartel secreto do sábado presaxiando o que ía ser unha grande xornada. A antropóloga e cantante turca Gaye Su Akiol, a portuguesa Surma, os belgas STUFF, a banda brasileira Liniker e os Caramelows, os británicos Teleman e os estadounidenses Michelle David and The Gospel Sessións completaron un cartel que percorre, como xa vén sendo norma “sinsal”, boa parte do planeta. Diversidade xeográfica e de estilos para un cartel que, para o público do domingo, xa non será sorpresa, xa que se repite integramente.