Sesións especiais
As Sesións Anecoicas ou as Sesións San Simón son propostas que acontecen en paralelo ao Festival Sinsal. Coñece toda a actividade de SinsalAudio, promotora do festival, en sinsalaudio.es
-
Sesións San Simón
Somos unha prolongación da tecnoloxía porque pensamos, sentimos e evolucionamos con ela. As Sesións San Simón son un paseo pola memoria sonora de fai cen anos. Poucos sitios como a illa de San Simón inspiran tanto esta viaxe no tempo a través da percepción acústica. Aleksander Kolkowski é un compositor, violinista e investigador que utiliza a gravación de son histórico e aparatos de reprodución e medios obsoletos para facer música mecanoacústica contemporánea -
Sesións Anecoicas
A cámara semianecoica é un espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Unha sala, na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que practicamente non hai eco nin reverberacións. A actuación en directo require de coidado e adaptación; un reto para os músicos. Esta é unha das actividades que o festival programa anualmente en colaboración coa Universidade de Vigo e o centro de investigación AtlanTIC. A entrada é gratuíta, o aforo é moi limitado e as persoas interesadas en asistir deben escribir a info@sinsalaudio.org. As Sesións Anecoicas recibiron o premio ás mellores actividades culturales paralelas na II edición dos Iberian Festival Awards do 2017.