
Entradas e abonos
Os abonos para Sinsal 2025 sairán á venda o martes 13 de maio ás 12.00 horas.
As entradas por día sairán á venda o xoves 15 de maio ás 12.00 horas.
Lembra que o transporte no barco até a Illa de San Simón está incluído na túa entrada ;)
As entradas por día sairán á venda o xoves 15 de maio ás 12.00 horas.
Lembra que o transporte no barco até a Illa de San Simón está incluído na túa entrada ;)

- A programación musical do Sinsal 2025 será diferente cada día.
- As entradas e o abono inclúen tanto a asistencia aos concertos como o transporte en barco de ida e volta até a illa.
- O abono Sinsal 2025 é válido para os tres días de festival en San Simón: 25, 26 e 27 de xullo.
- As entradas de día son válidas para unha única xornada.
- A única forma de acceso á illa é a través do transporte en barco para o público (que acreditarás coa túa entrada) desde Vigo ou Meirande.
- Estableceranse diferentes prezos para as entradas e abonos en función da idade (maiores ou menores de 16 anos) e embarcadoiro de saída.
- Todas as persoas (adultas e menores) teñen que mercar entrada para acceder ao festival.
- Os menores de 14 deberán levar, ademais, a autorización asinada por un adulto responsable, que poderán descargar desde a plataforma de venda.
Abonos, entradas e precios
- O abono Sinsal con saída e volta desde o porto de Vigo terá un prezo de 180€ (máis gastos de xestión)
- O prezo do abono Sinsal do embarcadoiro de Meirande será de 166,50€ (máis gastos de xestión)
- Tanto os abonos como as entradas de día poderanse mercar, a partir do 13 de maio e o 15 de maio, respectivamente, na única plataforma oficial de venda das entradas do evento (Enterticket.es) e que terás á túa disposición nesta mesma páxina web.
DATA | EMBARCADOIRO | ADULTAS | MENORES |
---|---|---|---|
Venres 25 | Vigo (12:15h-23:00h) | 65€ (máis gastos) | 23€ (máis gastos) |
Venres 25 | Meirande (13:45h-22:15h) | 60€ (máis gastos) | 23€ (máis gastos) |
Sábado 26 | Vigo (12:15h-23:00h) | 70€ (máis gastos) | 23€ (máis gastos) |
Sábado 26 | Meirande (13:45h-22:15h) | 60€ (máis gastos) | 23€ (máis gastos) |
Domingo 27 | Vigo (11:45h-22:00h) | 65€ (máis gastos) | 23€ (máis gastos) |
Domingo 27 | Meirande (13:15h-21:15h) | 60€ (máis gastos) | 23€ (máis gastos) |
OLLO! A partir do 1 de xullo todos os prezos incrementaranse 7€.