Horarios dos barcos

Aquí podes consultar as horas de saída dos barcos de cada embarcadoiro. Lembra que o transporte no barco até a Illa de San Simón está incluído na túa entrada (que xa están esgotadas!).
Se queres máis información sobre como chegar aos embarcadoiros, consulta a nosa páxina de consultas frecuentes

Horarios e saídas dos barcos

Os barcos de Vigo sairán do porto (Estación Marítima da Ría, peirao 3), mentres que os de Meirande sairán do Centro de Interpretación de Rande. O horario de volta que se reflicte na táboa é a hora de saída desde San Simón. Lembra chegar ao embarcadoiro cun mínimo de 30 minutos de antelación :) 

DATAEMBARCADOIRO
Venres 21Vigo (14:45h-23:30h)
Venres 21Meirande (16:15h-22:45h)
Sábado 22Vigo (12:00h-23:30h)
Sábado 22 Meirande (13:30h-22:45h)
Domingo 23Vigo (11:45h-22:00h)
Domingo 23 Meirande (13:15h-21:15h)

 


Entradas e abonos ESGOTADOS. Grazas! 

  • O abono Sinsal 2023  é válido para os tres días de festival en San Simón: 21, 22 e 23 de xullo. O abono inclúe o transporte en barco.
  • As entradas de día son válidas para unha única xornada e cada entrada inclúe, ademais do acceso aos concertos secretos na illa de San Simón, o transporte en barco até a mesma desde o litoral.
  • Estableceranse diferentes prezos en función da idade (maiores ou menores de 16 anos) e embarcadoiro de saída.



Condicións xerais de venda 
Neste enlace podes consultar as condicións xerais de venda de Sinsal SON Estrella Galicia. E, se tes máis dúbidas, tamén podes visita a nosa páxina de FAQ, que recollen as consultas máis habituais que recibimos en Sinsalaudio.