Actividades paralelas

  • Xoves 25
  • Venres 26
  • Sábado 27
  • Domingo 28
    HORA LUGAR
    Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón
    15:15 a 22:30 Cafetaría Exposición A Escola Sinsal
    12:15 Escenario Malmequeres Malmequeres: rastrexando arquivos
    14:50, 15:30, 16:15, 18:00, 19:00, 19:30 Santo Antón e Miradoiro Buxos Sesións San Simón
    16:00 a 20:00 Capela de San Simón Binomios fantásticos. Obradoiro familiar.
    17:00 e 17:30 Cemiterio Santo Antón Microconcertos de clásica
    17:00 a 17:50 Punto de encontro: Enfermaría Andaina con Amarturmar
    • Roteiro Descubre San Simón

      Roteiro Descubre San Simón

      Varias localizacións | Todo o día

      O roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que as e os asistentes coñezan a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, ofrecen información en galego, español e inglés de fitos históricos: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloriae, como novidade neste 2024, unha estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.

    • Exposición A Escola Sinsal

      Exposición A Escola Sinsal

      Cafetaría | 15:15 a 22:30

      Sinsal convida ao público a descubrir e, por que non, a imaxinar, a historia da música gravada en Galicia a través de oito personalidades do país que tiveron relación coa mesma, desde o século XVII até o século XX. Domingo Martínez de Presa, Severino Pérez Vázquez, Andrés Avelino Comerma i Batalla, Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta Pose, Maruja Boga, Pedro Ferrer ou Portela Seijo incorpóranse á Escola Sinsal da man, talento e imaxinación de oito artistas do mundo do cómic: Emma Roulette, Begoña García-Alén González, Marta Cartu, Santi Zubizarreta, Pepa Prieto Puy, Andrés Magán, Rapapawn (Cynthia Alfonso e Óscar Raña) e Mar Mascaró.

    • Malmequeres: rastrexando arquivos

      Malmequeres: rastrexando arquivos

      Escenario Malmequeres | 12:15

      Malmequeres: rastrexando arquivos son sesións con casetes e cintas magnetofónicas que permitirán recuperar e poñer en valor arquivos e documentos rexistrados neste formato durante a segunda metade do século XX. No festival escoitaranse e gravaranse tres sesións -cada día será diferente- que explorarán outras tantas coleccións que, aínda que a súa orixe sexa diferente, posúen un mesmo valor simbólico.

    • Sesións San Simón

      Sesións San Simón

      Santo Antón e Miradoiro Buxos | 14:50, 15:30, 16:15, 18:00, 19:00, 19:30

      As Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións, realizadas en distintos espazos do arquipélago, son abertas para o público asistente. 

       

    • Binomios fantásticos. Obradoiro familiar.

      Binomios fantásticos. Obradoiro familiar.

      Capela de San Simón | 16:00 a 20:00

      Sinsal propón visualizar a oportunidade de dar novos usos a materiais reutilizados a través da creación artística como parte do compromiso #sinsalsenrastro. As e os asistentes aos talleres -habitualmente o público máis novo do festival- poderán aprender a xerar propostas sostibles e respectuosas co medio atendendo, entre outras cuestións, ao seu impacto ambiental. 

      A asistencia é gratuíta e as inscricións realízanse no punto de información do festival en San Simón. 

    • Microconcertos de clásica

      Microconcertos de clásica

      Cemiterio Santo Antón | 17:00 e 17:30

      A Orquesta Clásica de Vigo celebra este ano o seu corenta aniversario. Coincidindo co centenario da estrea da zarzuela La leyenda del beso, do compositor ponteareán Reveriano Soutullo, o seu cuarteto de corta interpreta obras do autor e estrea arranxos específicos ideados para o festival Sinsal. 

    • Andaina con Amarturmar

      Andaina con Amarturmar

      Punto de encontro: Enfermaría | 17:00 a 17:50

      Amarturmar é unha asociación de homes e mulleres do mar que compaxinan a súa actividade profesional con esta iniciativa cultural. Durante todo o ano, ofrecen fermosos e suxestivos sendeiros cos que nos podemos aproximar ao marisqueo, ese traballo tan duro coma fermoso que no seu día cativou o mestre da fotografía Sebastião Salgado. Tamén paseos en barco pola enseada de San Simón, onde ensinan distintos tipos de pesca, e, sobre todo, o Roteiro do Choco. A Sinsal tráennos a outra mirada, desde a illa como sentinela, e contarannos a diversidade mariña do lugar, os seus recursos e as súas principais ameazas.
       

      Inscricións no Punto de Información de San Simón.

Ir arriba