• Venres 21 de xullo
  • Sábado 22 de xullo
    HORA LUGAR Descargar en PDF
    13:00 a 21:30 Cafetaría A Escola Sinsal. Exposición 'Do cinema familiar ás casetes domésticas'
    13:30 a 15:30 e 19:30 a 21:30 Cafetaría Audicións San Simón
    16:00 a 16:50 e 18:00 a 18:50 Punto de encontro: Casa da Cultura - Enfermaría Descubre San Simón. Paseo Islario Marabilloso
    16:00 a 17:15 Cafetaría A Escola Sinsal. Obradoiro A caixa-libro da Escola Sinsal
    17:00 | 18:00 | 19:00 Capela Illas imaxinadas. Laboratorio de paisaxes visuais e sonoras
    16:00 | 17:00 | 18:00 | 19:00 | 20:00 | 21:00 Embarcadoiro do Leste Descubre San Simón. Pedal Surf
    • A Escola Sinsal. Exposición 'Do cinema familiar ás casetes domésticas'

      A Escola Sinsal. Exposición 'Do cinema familiar ás casetes domésticas'

      Cafetaría | 13:00 a 21:30

      A casete, o soporte sonoro máis difundido e importante na historia do século XX, volveu e está de moda, e débese a que, á parte de ser máis sostible e barato, permite o control sobre a edición, a produción e a distribución. A mostra recolle xoguetes do pasado e tamén presenta algúns proxectos de diferentes partes do mundo que están a recuperar e protexer estes arquivos en perigo. A exposición complétase cun taller a cargo da investigadora Sarah Rasines que, en pouco tempo, presentará a primeira tese doutoral dedicada á importancia da casete en España. 

    • Audicións San Simón

      Audicións San Simón

      Cafetaría | 13:30 a 15:30 e 19:30 a 21:30

      Instalación que revive a primeira jukebox –tamén coñecida como gramola, rockola ou máquina de discos– instalada nun espazo público a fináis do século XIX. Foi un 23 de novembro do ano 1889, en San Francisco. A jukebox consiste nun fonógrafo automático que reproduce un cilindro fonográfico e sustitúe a campá acústica por unha instalación de auriculares por tubo. Con este enxeño mecánico, era posible que entre 10 e 12 persoas escoitaran música gravada ao mesmo tempo.

      Durante os tres días do festival programaremos unha serie de sesións en aberto onde as persoas interesadas recuperarán ese momento. 

    • Descubre San Simón. Paseo Islario Marabilloso

      Descubre San Simón. Paseo Islario Marabilloso

      Punto de encontro: Casa da Cultura - Enfermaría | 16:00 a 16:50 e 18:00 a 18:50

      Segunda edición do paseo guiado polo investigador Xosé Lois Gutiérrez Faílde. Da orixe dun lugar ao presente que ocupa hai todo un tránsito de feitos e memorias que o atravesan. O xesto de percorrer esa distancia no tempo ten tamén a súa resonancia máxica no camiñar o espazo para recoller a vibración do territorio coa súa propia historia. Camiñando sucédense revelacións e ensamblaxes entre as memorias particulares desa terra que vas pisando. Nesta actividade, tentaremos facer do camiñar un “acto ritual” –como diría Iain Sinclair– que nos devolva a cada un de nós unha narrativa íntima co pasado da illa.

      Inscricións no Punto de Información de San Simón.

    • A Escola Sinsal. Obradoiro A caixa-libro da Escola Sinsal

      A Escola Sinsal. Obradoiro A caixa-libro da Escola Sinsal

      Cafetaría | 16:00 a 17:15

      A caixa-libro da Escola Sinsal é un taller impartido pola artista Sarah Rasines dividido en dúas partes. Por unha banda remataremos o deseño dunha caixa-libro con materiais achegados polo arquivo de Sinsal –postais, flyers, obxectos da Escola Sinsal– e, por outro, aprenderemos a facer un loop con cinta de casete

       

      Durante unha hora descubriremos algúns dos segredos sonoros da casete –e do disco– e aprenderemos a crear sons cos que poderás transformar este soporte nun verdadeiro instrumento musical. Tampouco nos esqueceremos do máis importante: reivindicar a imaxinación de Fluxus e con eles reclamar a diversión sensorial: olfacto, gusto, tacto, vista e oído.

      Obradoiro recomendaro para todos os públicos (os menores deberán ir acompañadas de persoas adultas). Haberá 8 parellas por taller . Para poder participar será necesario enviar un correo a sarahrasiness@gmail.com indicando nome e apelidos das participantes, teléfono de contacto e día ao que queren asistir. 

    • Illas imaxinadas. Laboratorio de paisaxes visuais e sonoras

      Illas imaxinadas. Laboratorio de paisaxes visuais e sonoras

      Capela | 17:00 | 18:00 | 19:00

      Que conforma ou define unha paisaxe? De cantas formas podemos imaxinar unha illa? Que cores, texturas ou formas tería? Cal sería o son desa illa? Illas Imaxinadas: laboratorio de paisaxes visuais e sonoras é un obradoiro para todos os públicos para a creación de ambientes visuais e sonoros a través de diferentes procesos, dispositivos e artefactos. Impartida por Arte y Garabato, é unha proposta, con perspectiva lúdica, na que as e os participantes experimentarán coa luz e o son como ferramentas de creación e transformación, coa intención de activar unha mirada atenta e unha escoita profunda. 

      As e os menores sempre deberán estar acompañados por unha persoa adulta. Haberá 20 prazas por sesión que se adxudicarán por orde de chegada. 

    • Descubre San Simón. Pedal Surf

      Descubre San Simón. Pedal Surf

      Embarcadoiro do Leste | 16:00 | 17:00 | 18:00 | 19:00 | 20:00 | 21:00

      Ao longo de toda a fin de semana terán lugar diferentes rutas -duns 30 minutos- en pedal surf arredor do perímetro da illa para coñecer máis de perto o seu patrimonio natural. Trátase dunha actividade náutica innovadora e 100% sostible, na que as e os participantes poden practicar este deporte á vez que escoitan os concertos desde unha táboa estable e segura desde o primeiro momento: pódese participar nesta actividade sen necesidade de coñecemento previo e cada grupo estará acompañado sempre dunha persoa cualificada para o desenvolvemento da actividade.

      Idades recomendadas: a partir de 5 anos. As e os menores deberán estar acompañadas da ou do titor legal -con máis de 16 anos deberán ter autorización asinada-. Imprescindible saber nadar e facer uso do chaleco con camiseta.

      Método de inscrición: entrada de pago (até o 20 de xullo).
      - Menores entre 5 e 9 anos (como pasaxeiros con nais e pais): gratuíto
      - Menores entre 10 e 16 anos que compartan táboa (máximo 120 kg): 10 euros. 
      - A partir dos 10 anos: 15 euros
      - Parellas: 25 euros (12,50 euros por persoa).
      - Grupos de 4 a 8 persoas: 10 euros. 
      - A partir do 21 de xullo: 20 euros por persoa. 

  • Domingo 23 de xullo
Ir arriba