• Inscríbete nas actividades do Sinsal no Museo do Mar o domingo 8 de setembro!

    Un laboratorio de sal, un mural colectivo relacionado coas mareas, un experimento fotográfico inspirado nas algas ou entrar no Museo do Mar de Galicia, con acuario incluído. Estas son as propostas do domingo 8 de setembro no Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar gratuítas pero con aforo limitado. Inscríbete AQUÍ para garantir a túa praza. Lembra que o domingo tamén contaremos cos concertos de Mundo Prestigio (13:00) e Deva (14:30) nos xardíns do museo.
  • Lady Lykez únese ao cartel do sábado 7 no Museo do Mar

    De Londres chega o hip hop de Lady Lykez. Desde que en 2012 se dera a coñecer nos festivais de Leeds e de Reading no escenario da BBC para artistas revelación, a británica afianzou o seu persoal estilo como rapeira, influído tamén pola súa relación coa percusión, cunha voz que abala entre a levitación e a turbulencia, que recolle o seu vínculo co grime e o dancehall, e que, ademais, revélaa como unha grande cantante. 


  • Á venda as entradas para Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar

    Dous días para celebrar a música e o patrimonio marítimo de Vigo: o 7 e 8 de setembro o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar celebra a súa segunda edición. O sábado 7, a partir das sete da tarde e de pago, cos concertos de  Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e unha artista máis por confirmar. Ademais, a ESAD e o Conservatorio Superior de Música de Vigo presentan "Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne". O domingo 8, actividades e dous concertos de balde, a partir das 12:30 da mañá. As entradas para sábado 7 xa están á venda a través de www.festival.sins.al a un prezo de 25 euros máis gastos de xestión para persoas adultas e de 5 para menores de 16.
  • Sinsal SON Estrella Galicia 2019 despídese de San Simón pero vémonos no Museo do Mar en setembro

    E chegou o peche a catro días de música e actividades nese espazo único que é a Illa de San Simón, en Redondela. O domingo, os nomes do cartel composto polos sete grupos do sábado: The Venopian Solitude, Gaye Su Akiol, Surma, STUFF, Liniker e os Caramelows, Teleman e Michelle David & The Gospel Sessions, xa non colleron de sorpresa ao público, que gozou durante a xornada de talleres de arquitectura, fotográfia e origami para familias, catas didácticas de viño e conservas, andainas pola illa e sesións sonoras con Aleksander Kolkowski. Despídese a edición número dez de Sinsal SON Estrella Galicia en San Simón, avanzando setembro no Museo do Mar de Galicia, Vigo, coa presenza de Rocío Márquez como cabeza de cartel o próximo 7 de setembro. 
  • 7 concertos, 7 xeografías: diversidade na xornada do sábado 27 en San Simón

    Choveu e choveu pola mañá do sábado. O público chegou á Illa de San Simón con poalla persistente que, a partir das tres da tarde, deixou sitio a ceos claros e un sol reconfortante. The Venopian Solitude, banda de Malasia liderada pola enérxica Tahara Suiko, foi a encargada de abrir o cartel secreto do sábado presaxiando o que ía ser unha grande xornada. A antropóloga e cantante turca Gaye Su Akiol, a portuguesa Surma, os belgas STUFF, a banda brasileira Liniker e os Caramelows, os británicos Teleman e os estadounidenses Michelle David and The Gospel Sessións completaron un cartel que percorre, como xa vén sendo norma “sinsal”, boa parte do planeta. Diversidade xeográfica e de estilos para un cartel que, para o público do domingo, xa non será sorpresa, xa que se repite integramente.
  • Mercedes Peón e o novo proxecto de Raül Refree na segunda xornada de Sinsal SON Estrella Galicia

    Mercedes Peón co seu proxecto Déixaas foi a encargada de abrir a segunda xornada do Festival Sinsal SON Estrella Galicia o venres 26 de xullo. Unha tarde con 5 concertos e actividades como as sesións con Aleksander Kolkowski e a charla co xornalista musical Juan de Pablos. Despois da artista galega, pasaron polos escenarios de San Simón: el catalán El Petit de Cal Eril, o novo proxecto do produtor Raül Refree (que lanzou ao estrelato a Rosalía) coa fadista Lina, os composteláns Blanco Palamera, e desde Ghana,  Kyekyeku & Ghanalogue Highlife.
  • Mattiel, Lidia Damunt, Big Joanie e Charlote Adigéry abren o cartel secreto Sinsal SON Estrella Galicia 2019

    Cinco artistas para a primeira xornada do Sinsal SON Estrella Galicia 2019 e para un cartel secreto que se desvelou ao redor das catro da tarde do xoves 25. Cando os primeiros asistentes chegaban á Illa de San Simón, en Redondela, souberon que o cartel do primeiro día do festival estaba protagonizado polas británicas Big Joanie, a española Lidia Damunt, a estadounidense Mattiel, a belga de orixe caribeña, Charlote Adigéry e para pechar o día, o grupo FRA!, de Ghana. A participación destes últimos xa era coñecida, como gañadores do Festival Vis a Vis, que cada ano organiza Casa África en un país africano convidando a programadores española. A choiva da mañá deixou paso a unha tranquila tarde de música e actividades (obradoiros e andainas esgotaron as prazas), na que tamén comezaron as sesións San Simón co investigador Aleksander Kolkowski e os seus cilindros de cera.
  • O reto New Balance en San Simón 2019

    Este año o obxectivo de New Balance no Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2019 é trasladar o  concepto de sostibilidade ao público, a partir dunha actividade que leva aos participantes a entender e coñecer unha nova gama de produtos textis producidos a partir da reciclaxe de plásticos. Esta nova gama sostible, de produtos innovadores, implica a unha marca dinámica e activa como New Balance, comprometida co medio ambiente e cos diferentes ecosistemas do noso planeta, confluíndo novas sensibilidades de sostibilidade ambiental entre a empresa e o consumidor. 
  • A Xunta e a marca FEST Galicia, en San Simón

    O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, visitaron os traballos de montaxe do festival Sinsal, que celebrará a súa décima edición na illa de San Simón desde mañá e ata o domingo día 28. Durante a visita, comentaron xunto cos directores do evento, Julio Gómez e Luis Campos, a programación do festival que este ano volve contar cun completo apoio da Xunta, a través dunha subvención da Consellería de Cultura e Turismo, da cesión das instalacións da illa e do patrocinio polo programa FEST Galicia.
  • Ardentía: Campus San Simón 2019

    Nesta edición 2019 do Campus Illa de San Simón, que leva o título de “Ardentía” este ano, reúnense vinte estudantes das Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicacion e de Belas Artes, do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (a ESAD en Vigo), traballando mesturados no desenvolvemento de proxectos creativos. 
  • En Cesantes coa Deputación de Pontevedra e o concello de Redondela. Grazas!

    Un evento “comprometido cos novos valores do século 21: a contorna, o compromiso co medio ambiente na loita contra os plásticos e o compromiso coa igualdade, ao ter moitas artistas mulleres tanto no cartel coma na organización”. Así o puxo en valor esta mañá a presidenta provincial Carmela Silva na presentación do festival na lonxa de Cesantes, na que tamén participou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro de Cultura e Turismo, Daniel Boullosa, e o codirector di festival, Luis Campos.