• En Cesantes coa Deputación de Pontevedra e o concello de Redondela. Grazas!

    Un evento “comprometido cos novos valores do século 21: a contorna, o compromiso co medio ambiente na loita contra os plásticos e o compromiso coa igualdade, ao ter moitas artistas mulleres tanto no cartel coma na organización”. Así o puxo en valor esta mañá a presidenta provincial Carmela Silva na presentación do festival na lonxa de Cesantes, na que tamén participou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro de Cultura e Turismo, Daniel Boullosa, e o codirector di festival, Luis Campos.
  • Todo o programa de actividades 2019 en San Simón. Participa!


    No Festival Sinsal SON Estrella Galicia, menos o cartel, cóntase todo. Todos os días do festival, haberá propostas pensadas para todos os públicos e xa está aberta a inscrición nelas a través da plataforma eventbrite. As Sesións San Simón co británico Aleksander Kolkowski incorpóranse ao programa do festival, abertas ao público. Todas as actividades, idades orientativas, gratuítas ou con prezo, lugares, datas e horarios aquí.
  • Así será a proposta gastro en Sinsal SON Estrella Galicia 2019

    Ecolóxica, de proximidade, saudable, rica e ben de prezo. Presentámosvos a oferta gastronómica do Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2019. Do 25 ao 28 de xullo, en funcionamento durante o horario do festival e pagamento coa pulseira cashless.
  • Trae os teus residuos electrónicos aos portos do festival

     Non os gardes, nin os tires. Mellor reutiliza e recicla. Con ese consello, poñemos en marcha en colaboración con Revertia unha campaña de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos, do 25 ao 29 de xullo nos portos do festival Sinsal SON Estrella Galicia: Vigo e Meirande. Dentro da liña de traballo #sinsalecircular, queremos constribuír ao coidado medioambiental e facilitar ao público do festival a entrega deste tipo de  residuos. 
  • Visita de xornalistas internacionais co apoio de Acción Cultural Española (AC/E)

    O festival Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebra do 25 ao 29 de xullo de 2019 na Illa de San Simón (Redondela, Rías Baixas) volverá a ser un punto de encontro para figuras de referencia no sector musical, ademais das bandas e artistas que participan no cartel secreto do festival. Figuras que se converten en embaixadoras do evento e dos seus contidos no ámbito internacional. Nesta décima edición na illa o apoio de Acción Cultural Española (AC/E) a través do seu Programa para a Internacionalización da Cultura Española (PICE) na modalidade de visitantes fai posible a participación de periodistas e investigadores de referencia do sector musical internacional.
  • Esgotados venres, sábado e domingo en Sinsal SON Estrella Galicia 2019

    Na primeira semana de xullo esgotáronse as entradas para o venres 26 no Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2019, en San Simón (Redondela). O sábado 27 xa se esgotou o mesmo día da saída de entradas en maio, e o domingo 28 vendeu os seus últimos billetes a finais de xuño. Quedan só dispoñibles entradas para o xoves 25 de xullo, cun prezo de 40 euros máis gastos de xestión tras o cambio de prezos das entradas a partir do 7 de xullo. As entradas, á venda en eventbrite.es. Importante: todas as persoas ocupan praza no barco e na Illa de San Simón, polo tanto deben ter entrada independentemente da súa idade. Neste momento xa non hai dispoñibles entradas de menores a prezo reducido para ningunha xornada do festival.
  • En 2019, estes son os nosos obxectivos #sinsalsostible

    O pasado ano SINSALAUDIO fixo público o seu compromiso coa sostibilidade a través da elaboración, sinatura e publicación da súa política de sostibilidade; unha política aplicable a todos os seus eventos. Para materializar esta política deseñouse un plano de sostibilidade.
  • O festival en cifras: informe de avaliación de FestGalicia

    Fest Galicia a marca transversal impulsada por Agadic para dar apoio aos festivais acaba de publicar o informe completo de avaliación de Sinsal SON Estrella Galicia coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela. Foron 1.224 enquisas realizadas a asistentes 2018. 
  • Esgotados os abonos Sinsal SON Estrella Galicia 2019

    Grazas! Os Abonos Sinsal SON Estrella Galicia 2019 esgotáronse en tres cuartos de hora durante a mañá de hoxe luns 6 de maio. Así que volo dicimos en varios idiomas: gracias, thanks, merçi, obrigado!