• Sábado 7 setembro
  • Domingo 8 setembro
    • Deva

      Deva

      Escenario Viqueira | 14:30
      Novísima e triunfadora nas redes, Deva Joseph acaba de formar parte do cartel do Sónar Barcelona. Esta artista que acaba de chegar á maioría da idade, con ascendencia inglesa, lanza a súa carreira hai pouco máis dun ano cando colga un video no que versionaba ao rapeiro Travis Scott en “Goosebumps”. En temas como "Bounce", "Checks" e "Nothings Forever", diríxese cara o trap e o dancehall. Un dos ses últimos lanzamentos, “Cupido”, con Recycled J, vai camiño do medio millón de reproducións en youtube. Unha sorte de "trap soul", como ela mesma apunta.

      Canle de Youtube de Deva
    • Mundo Prestigio

      Mundo Prestigio

      Escenario Viqueira | 13:00
      Jay xa é historia. A materia prima creativa que comparten Ju, Brais, Fiz e Fer recíclase, recomponse e ábrese camiño á superficie lucindo novas formas e cores. Batería, baixo e teclado rachan relacións coa guitarra e póñense a disposición dos samplers na procura de aire fresco, veña de onde veña. Mundo Prestigio é unha festa á que están convidados o pop, o hip hop, Isaac Hayes e BadBadNotGood, e na que o importante é, e será sempre, pasalo moi ben. A banda estréase en 2019 e prepara material para ser lanzado este mesmo ano, gravado baixo os mandos de Hevi (Malándromeda, Fluzo).
    • Visita Museo do Mar de Galicia, con acuario

      Visita Museo do Mar de Galicia, con acuario

      12:30 e 14:00
      O Museo do Mar de Galicia na parroquia de Alcabre, en Vigo, é un lugar para comprender a vinculación de Galicia e a súa xente co mar. A súa especial dedicación á actividad pesqueira en todos os seus ámbitos, co discorrer da historia, fai do museo un lugar de referencia. Alí atopamos tamén a réplica do navío Beagle, a bordo do cual Darwin revolucionou a visión da natureza e a evolución das especies.

      Inscrición previa. Prazas limitadas. Inscríbete AQUÍ
    • Laboratorio experimental de fotografía: Gallaecia algae

      Laboratorio experimental de fotografía: Gallaecia algae

      12:30
      Un rexistro botánico de algas a través da luz, para experimentar cun procedemento fotográfico do século XIX, así como coas diferentes posibilidades creativas e sensoriais que nos ofrece a contorna natural do museo. Con Arte y Garabato.

      Prazas: 16
      Orientado para público familiar a partir de 6 anos. Inscríbete
      AQUÍ
    • Laboratorio de sal

      Laboratorio de sal

      14:15 e 15:00
      Convidaremos a participar na creación dunha instalación colectiva realizada integramente con sal.  Unha experiencia baseada na arte contemporánea para experimentar e gozar coas diferentes posibilidades gráficas, estéticas e sensoriais deste material tan apreciado e valorado ao longo da historia. Con Arte y Garabato.

      Prazas por sesión: 20
      Orientado para público familiar a partir de 3 anos. Inscríbete
      AQUÍ
    • Laboratorio artístico “Descubrindo o mar”

      Laboratorio artístico “Descubrindo o mar”

      12:30
      Acción artística baseada na realización dun mural colectivo co mar como motivo. Entre todas as persoas participantes realizaremos unha obra conxunta concebida dende a perspectiva do azar, do que xorde, de forma natural, do que aparece e fluctúa no noso imaxinario, como unha corrente mariña que trae a superficie inesperados tesouros e visións, seguindo a propia deriva natural e creativa na formación dun horizonte. Iria Vázquez, artista, investigadora e docente, coordina esta actividade.
      Horarios: A partir das 12:30, quendas de trinta minutos aproximadamente.
      Prazas por quenda: 15
      Orientado a público infantil  e familiar
      Aconsellable roupa cómoda. Inscríbete
      AQUÍ

Ir arriba