No Museo do Mar de Galicia en 2019: sostibles
Porque a sostibilidade é un obxectivo e unha necesidade en todos os proxectos Sinsalaudio, na segunda edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar seguimos apostando pola diversidade, a reutilización, o produto local e o transporte compartido.
#sinsalporigual. Nesta nova edición no Museo do Mar de Galicia, 7 das 9 propostas están lideradas por mulleres.
#sinsalediverso. Ritmos tropicais, cante jondo, hip hop, teatro, indie rock etc a cargo de artistas de 4 países.
#sinsalelocal. Oferta gastro con produto de cercanía e ecolóxico.
#sinsalsenplásticos. Empregamos vasos e pratos reutilizable para reducir residuos. Toda info en web e RRSS para eliminar papel tamén.
#sinsalsenmalosfumes. Animámoste a achegarte até o museo en transporte público (bota un ollo aos horarios de Vitrasa), compartindo vehículo, en bici ou incluso andando!