-
Sinsal Primavera 2019: catro proposicións sonoras para Vigo en abril e maio
O Festival Sinsal Primavera propón en Vigo catro citas sonoras singulares nos meses de abril e maio. Dous espectáculos especiais no Auditorio Municipal do Concello aos que se suman dúas Sesións Anecoicas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. -
Sinsal SON Estrella Galicia, Mellor Festival Formato Pequeno #IberianFestivalAwards
O mércores 13 de marzo pola noite o Festival Sinsal SON Estrella Galicia recibiu o Premio ao Mellor Festival de Formato Pequeno en España nos Iberian Festival Awards, nunha gala que se celebrou no Teatro Afundación en Vigo. -
Viaxamos a Ghana con Casa África: Vis a Vis 2019
Viaxamos a Ghana do 15 ao 17 de marzo. Por segundo ano consecutivo, o Festival Sinsal SON Estrella Galicia participa no encontro profesional Vis a Vis, que se leva celebrando sete anos. -
Adriana Proenza en concerto no Play-Doc de Tui
Con menos de vinte anos e entre a súa Asturias natal e Madrid, Adriana Proenza dedícase a compoñer a música que lle gusta e que define como “envolvente, retro e libre”. A súa andaina musical marca un punto de inflexión en 2018 co EP “Songs I wrote with Corey”. -
Sinsal SON Estrella Galicia, do 25 ao 28 de xullo de 2019 na Illa de San Simón (Redondela)
A de 2019 será a décima edición na Illa de San Simón (Redondela). O festival Sinsal SON Estrella Galicia presenta as súas datas: do 25 ao 28 de xulllo. Por terceiro ano consecutivo, 4 días de festival en vez de tres, nos que descubrir o cartel secreto musical que o caracteriza, así como o programa de actividades que completa as xornadas na illa. -
Sinsal SON Estrella Galicia no Ment Festival de Ljubljana
Viaxamos a Ljubljana, a capital eslovena! Julio Gómez codirector de Sinsal SON Estrella Galicia, está convidado como conferenciante na programación do MENT Ljubljana FESTIVAL 2019, que se desenvolve do 30/01 ao 01/02 e que nos descubriu en 2018 a КУКЛА (pronunciado como Kukla) na Illa de San Simón no Sinsal SON Estrella Galicia.