Trae os teus residuos electrónicos aos portos do festival
Non os gardes, nin os tires. Mellor reutiliza e recicla. Con ese consello, poñemos en marcha en colaboración con Revertia unha campaña de recollida de aparellos eléctricos e electrónicos, do 25 ao 29 de xullo nos portos do festival Sinsal SON Estrella Galicia: Vigo e Meirande. Dentro da liña de traballo #sinsalecircular, queremos constribuír ao coidado medioambiental e facilitar ao público do festival a entrega deste tipo de resíduos.
Como funcionará? En primeiro lugar, pódense entregar PAEEs (Pequenos Aparatos Eléctricos e electrónicos, de non máis de 50 cm de ancho ou alto). Exemplos: Móbiles, tablets, cargadores, cableado, ratóns, reprodutores de música, mp3, mp4, etc, e botes con pilas e/ou baterías. En cada un dos portos de saída do festival habilitaranse puntos de información e recollida con contedores, desde unha hora e media antes da saída dos barcos. Todos os aparellos serán transportados ás instalacións de Revertia, tratados correctamente cunha reciclaxe responsable e coa reutilización como criterio prioritario nos casos que sexa posible. Todas as persoas que participen e entreguen aparellos entrán no sorteo dun portátil reacondicionado pola empresa Revertia.
Animámosvos a participar. Contribuídes á redución da xeración de resíduos, redución da extracción de recursos naturais e de emisións contaminantes á atmosfera, reparación de aparatos susceptibles de ser restaurados e fomento do consumo responsable. Non os gardes, non os tires!