O reto New Balance en San Simón 2019
“Save the Island” é o reto Sinsal 2019. Este ano, na illa unha sorte de sala de escape sostible que se estruturará en dúas sinxelas probas e unha adiviña final.
Estas probas terán como obxectivo descubrir cal é a fórmula secreta para salvar a illa de San Simón do plástico e protexer o medio ambiente. Deste xeito, os participantes que finalicen o reto descubrirán cal é o proceso de reciclado que utiliza New Balance na súa nova colección sostible.
Durante toda a actividade uns científicos acompañarán aos participantes no xogo e conduciranos á meta de maniera entretida, interactuando con todo tipo de público, adultos e pequenos. Ademais, para evitar a produción de material de papelería, todas as probas están pensadas en clave sostible, usando códigos QR e o mínimo soporte gráfico impreso. Así mesmo, o deseño do stand personalizado de New Balance, realizarase en cartón profesional de alta resistencia 100% reciclable. Apostando, deste modo, por materiais respectuosos co medio ambiente que, ademais, son especialmente creativos.
Horarios do stand e da actividade
O stand estará todos os días do festival aberto, mentres que a actividade realizarase o venres día 26 de xullo desde as 15:30 e as 20:30 horas, e o sábado día 27 de xullo, desde as 12:00 até as 18:00 horas. As persoas que realicen o xogo poderán participar nun sorteo e conseguir un pack exclusivo de produto New Balance. Haberá un gañador por cada día, que se anunciará ao finalizar a actividade (venres e sábado). O equipo de New Balance informará durante toda a xornada ao público do horario no que se fará entrega do premio.