Ardentía: Campus San Simón 2019
Nesta edición 2019 do Campus Illa de San Simón, que leva o título de “Ardentía” este ano, reúnense vinte estudantes das Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicacion e de Belas Artes, do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (a ESAD en Vigo), traballando mesturados no desenvolvemento de proxectos creativos.
A partir de obradoiros específicos de achegamento a tecnoloxías de iluminación e videomapping, con Alejandra Montemayor e Laura Iturralde, formúlanse proxectos de creación relacionados coa memoria, a historia, a transmisión e o mar.
Seguindo o ronsel do festival Sinsal, nesta ocasión o Campus exténdese ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, os días 7 e 8 de setembro, onde se mostrarán os resultados do traballo desenvolto. Ardentía, a denominación escollida para o campus en 2019, alude ao fenómeno da luminiscencia mariña, xa que a luz é o “material” no que se concretan as creacións, e o mar é máis que unha presenza ineludible nos dous empramentos: San Simón e Museo do Mar.