Visita de xornalistas internacionais co apoio de Acción Cultural Española (AC/E)
É o caso de Paul Bridgewater, editor de The Line of Best Fit , a web de nova música independiente máis relevante do Reino Unido. Ademais de revista musical, esta entidade organiza un festival anual de dunha semana de duración en Londres. Paul Bridgewater tamén produce podcasts para Best Fit e traballa como redactor freelance e estratega dixital. De Reino Unido tamén chega a San Simón a fotógrafa freelance de orixe brasileiro Chris Almeida, que se converteu nunha das retratistas musicais máis recoñecidas en Gran Bretaña. Tanto en dixital como analóxico, Almeida, radicada en Londres, destaca non só en fotografía en directo senón como retratista de artistas, traballando para distintos medios musicais, axencias e discográficas. Entre os seus traballos últimos, os concertos británicos de Nick Cave ou a reunión en 2019 da xa mítica banda americana riot grrrl Bikini Kill.
En 2019 visítanos ademais o periódico máis importante e con maior difusión de Portugal: Público. Deste medio con sede central en Lisboa e delegacións en todo o país, visita o festival o xornalista de cultura André Vieira. Especializado en música, e en especial en festivais, a presenza do editor portugués redundará na difusión de Sinsal SON Estrella Galicia no país viciño, un dos obxectivos prioritarios na promoción internacional do evento.
Tamén a través das axudas PICE de Acción Cultural Española (AC/E) volve a Sinsal SON Estrella Galicia Aleksander Kolkowski, que estará en Sinsal SON Estrella Galicia 2018 do xoves 25 ao domingo 28 de xullo, levando a cabo os seus rexistros sonoros con artistas e bandas participantes no festival. Compositor, violinista e investigador, o seu proxecto de maior calado até o momento é Phonographies, un arquivo de músicos contemporáneos, artistas e escritores gravados exclusivamente en cilindros de cera. Músicos e creadores deixarán rexistro nos cilindros de cera do británico Aleksander Kolwoski durante os catro días do evento en 2019, contribuíndo ás Sesións San Simón, un arquivo en crecemento que difunde internacionalmente música, historia e contorna.