Verbum Creativo: experimentación para todas as idades na Noite Branca de Vigo
A luz será protagonista nas actividades propostas por Arte y Garabato coa instalación “Sombras”, para todos os públicos, e co laboratorio “Paisaxes de luz”, dirixido a público adulto. A bailarina e coreógrafa Marcia Vázquez propón unha serie de xogos coa instalación “Sombras”que involucran o movemento natural coa iluminación. Ademais, a artista Iria Vázquez coordina un obradoiro para público familiar no que convida a levar materiais cotiás en desuso e Javier Fernández Pérez de Lis propón un obradoiro de fotografía no que o teléfono móbil será unha ferramenta para explorar o museo e a súa contorna en Samil. Circo con “Analepsis” de Paula Quintas, “Live Pixel” con Marta Verde e Juanma LoDo, que converte o edificio do museo nunha pantalla, a exposición en loop no xardín exterior “Todas Xuntas” e a creación dun mural por parte do público nas ventás do hall do Verbum completan o intenso programa desta Noite Branca en Samil.
IMPORTANTE: Algunhas da actividades e obradoiros teñen as prazas limitadas e requiren reserva previa, a realizar entre o mércores 12 e o propio venres 14 de agosto, mentres haxa dispoñibilidade e cun máximo de 4 persoas por reserva. Nos teléfonos 986 240 130 ou 619 948 920 de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 ou no correo reservas.aprmvigo@gmail.com
VERBUM CREATIVO: PROGRAMA COMPLETO, HORARIOS, PRAZAS
Instalación "Sombras": Proposta baseada na arte contemporánea e a exploración
sensorial, que pretende xerar un espazo onde o público sexa protagonista e creador da súa propia experiencia.
Artista: Cristina González Larriba (Arte y Garabato)
Ubicación: Auditorio. Horario continuado: 20:30 a 22:30 h. Para todos os públicos
Aforo: 12 persoas Non precisa reserva previa.
Laboratorio de experimentación artística "Paisaxes de luz": Invitaremos a investigar a luz como ferramenta de creación artística e creativa, utilizando diferentes procesos e medios de proxección.
Artista: Cristina González Larriba (Arte y Garabato)
Ubicación: Auditorio. Horario: 23:15, 00:00, 00:45. Público adulto
Aforo: 8 persoas por quenda (quendas de 30 min). Precisa reserva previa.
Laboratorio artístico "Pim, pam, pum: ¡Tea, papel, tesoira!": A través deste laboratorio artístico conectamos coa relación de arte, inventiva e ciencia, a través da realización de tres obras colaborativas e simultáneas, que se irán desenvolvendo ao longo do tempo do laboratorio.
Artista: Iria Vázquez
Horario : 20:15, 21:10, 22:05. Número sesións: 3 de 45 minutos. Público familiar
Aforo: 12 persoas por sesión Precisa reserva previa
Recomendacións: levar roupa cómoda e traer materiais cotiás en desuso.
Estuche persoal con: lápis, goma, afila-lápis, tesoiras, lápices de cores ou rotuladores, 2 recipientes de iogur, un retal de tea, obxecto en desuso. Libro para reciclar, camiseta ampla ou mandilón.
Laboratorio de movemento: A partir da instalación "Sombras" producida por Arte y
Garabato, e respeitando a espontaneidade das persoas transeúntes, proporanse unha series de xogos que involucren o movemento natural coa iluminación. A través das sombras de cores proxectadas na parede, e tendo en conta a distancia de seguridade, poderanse crear imaxes de persoas a distintos tamaños segundo a proximidade coa luz. Nese momento a creatividade do público é esencial.
Artista: Marcia Vázquez
Ubicación: Auditorio. Dous pases de 15 minutos: 21:15 e 22:15 h. Para todos os públicos
Aforo: 12 persoas. Precisa reserva previa
Circo contemporáneo "Analepsis": Escena Retrospectiva, "ANALEPSIS", propón a historia conectando momentos distintos e trasladando a acción ao pasado.
Artista: Paula Quintas
Ubicación: Lateral exterior do museo. Horario: 2 pases de 20 minutos, ás. 20:45 e 21:30 h. Para todos os públicos
Aforo: 60 persoas en cadeiras. Non precisa reserva previa
Obradoiro de fotografía: Para este obradoiro imos usar aqueles dispositivos dos que
dispoñamos que poidan xerar fotografías. Dende un móbil, unha cámara, etc.. para, dende o propio Museo e o propio Samil, xerar un traballo común baseado no propio territorio, nas cores do lugar, etc.. construíndo unha obra feita de todos os traballos das asistentes ao obradoiro.
Artista: Javier Fernández Pérez de Lis
Ubicación: Comiteca + exterior. Horarios: 20:30, 21:15, 22:00. Público: Familiar
Aforo: Dez persoas por quenda. Quendas de media hora, con pausa de 15 minutos. Precisa reserva previa.
Proxección fotografía contemporánea "Todas xuntas": Unha proposta de traballo que engloba diferentes proxectos e propostas de artistas, principalmente galegos, que traballan coa fotografía. Despois de ser declarado o Estado de Alarma do pasado mes de marzo, e vernos en certa medida a restrinxir os nosos movementos, traballos, e formas de expresión, moitas artistas buscaron diferentes vías para seguir construíndo, seguir traballandoou probando diferentes ferramentas ás que poder usar como traballo ou experimentación. A proxección estará acompañada por música feita durante o mesmo período por algún artista local. Traballos de diferentes artistas proxectados en loop.
Ubicación: xardín exterior. Horario: 23:00 a 01:00 h. Aforo: 50 persoas. Non precisa reserva previa.
Proxecto Live PixeI da artista visual Marta Verde e o artista multimedia Juanma LoDo:
Live Pixel é o proxecto de Live AV da artista visual Marta Verde e o artista multimedia Juanma LoDo . Este proxecto aúna a experiencia e levan ao directo o seu saber facer en materia AudioVisual. Nas súas performances poñen ao mesmo nivel o son e o visual, un diálogo creativo que se materializa nun live set onde o video e o son se retroalimentan. Ao contrario do que ocorre nun AV live convencional, a imaxe se deconstrúe mediante algoritmos en tempo real alimentados por caixas de ritmo e sintetizadores, samplers, loops e instrumentos electrónicos de todo tipo.
#píxelmuerto (visualistas). Como visualistas toman o nome de pixel muerto, chiscando o ollo á cultura dixital, aos erros dixitais.Amantes e expertos no dixital e na estética glitch, ambos artistas teñen unha longa traxectoria proxectando en todo tipo de eventos, sobre todo tipo de pantallas e superficies de proxección. Acompañando a outros artistas ou creando imaxes e visualizando a música dos seus propios
proxectos.
Mural colectivo
Poderás deixar a túa pegada nos cristais do vestíbulo do museo, respondendo a unha
pregunta/reflexión actual.
Ubicación: vestíbulo. Horario: 20:00 a 01:00 h. Público: Todos os públicos