Programa
- Venres 16 de setembro
-
Sábado 17 de setembro
-
Otro
Otro
MARCO | Vigo | 21.45 horasMúsico e produtor afincado en Valencia e autor dun dos discos máis brillantes de 2021: Portuaria. O seu proxecto musical abrangue un importante abano de estilos e sons, na procura do diálogo entre a experimentación e a convención, converténdoo nunha das figuras a ter en conta na escena emerxente da música electrónica. As súas incursións no rap e no pop, así como o deseño de son comercial, abren espazos para xerar unha tensión espontáneamente desenfreada que se converten no sinal de identidade de Otro.
-
Dullmea
Dullmea
MARCO | Vigo | 20.30 horasDesde Portugal chega unha artista especializada en explorar as múltiples posibilidades que se abren para a voz a través da música electrónica. Graduada como violinista pola Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo, Sofía Fernandes conta con tres discos publicados desde 2016 cos que ten xirado por países como Holanda, Alemania, Dinamarca ou Reino Unido. Nos seus directos propón unha suxerente inmersión no seu universo sonoro, minimalista e experimental, nos que improvisa sobre temas compostos por ela mesma. No Sinsal Outono presenta ‘Orduak’, o seu último traballo.
-