Actividades paralelas

  • Venres 25
    HORA LUGAR
    Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón
    Todo o día Varias localizacións Exposición A Escola Sinsal
    Varios Cafetaría Sesións San Simón
    12:40-14:10h Praza San Simón Audicións Malmequeres
    14:15-15:05h Cafetaría Canto de emigración
    17:30 e 18:30h Cafetaría Caderno de bitácora
    • Roteiro Descubre San Simón

      Roteiro Descubre San Simón

      Varias localizacións | Todo o día

      O roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que coñezas a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, obterás información en galego, español e inglés das sete estacións: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloria e a nova estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.

    • Exposición A Escola Sinsal

      Exposición A Escola Sinsal

      Varias localizacións | Todo o día

      A Escola Sinsal presenta unha exposición de cómic que recompila e divulga a historia do son e da música gravada en Galicia a través de 16 personalidades do país que tiveron relación coa mesma, e que abrangue desde o século XVII até o século XX. 

    • Sesións San Simón

      Sesións San Simón

      Cafetaría | Varios

      As Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións son abertas para o público asistente.

    • Audicións Malmequeres

      Audicións Malmequeres

      Praza San Simón | 12:40-14:10h

      Audicións Malmequeres presenta "La trastienda del Fanzine Escupe. Música para cerebros inquietos", unha sesión na que Chus Taboada e Eva Izquierdo (da banda punk rock Voces de Ultratumba) revisarán o seu arquivo dos anos oitenta. 
       

    • Canto de emigración

      Canto de emigración

      Cafetaría | 14:15-15:05h

      A Orquesta Clásica de Vigo, a través dun sexteto de café, evocará desde a cafetería de San Simón un insólito filme galego de vangarda: Canto de emigración, unha peza rodada no 1935 polo ourensán Tony Román, da que unicamente se conservan vestixios que axudan a visualizar a película, e a partitura que o tudense Teódulo R. Páramos compuxo para acompañar as imaxes. 

    • Caderno de bitácora

      Caderno de bitácora

      Cafetaría | 17:30 e 18:30h

      Caderno de bitácora é un obradoiro creativo, para todas as idades, que pretende favorece a exploración de linguaxes artísticas. O taller propón a creación dun libro obxecto -a partir das vivencias de cada participante- no que poder rexistrar diferentes diálogos e experiencias estéticas a partir do valor paisaxístico, patrimonial e histórico de San Simón. Inscrición gratuíta no Punto de Información. 

  • Sábado 26
  • Domingo 27
Ir arriba