Activities
-
Friday, July 25th
TIME LOCATION Download PDF Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón Todo o día Varias localizacións Exposición A Escola Sinsal Varios Cafetaría Sesións San Simón 12:40-14:10h Praza San Simón Audicións Malmequeres 14:15-15:05h Cafetaría Canto de emigración 17:15h Espazo Gastronomía A cociña Sinsal: Aceites Abril x Begoña Vázquez 17:30 e 18:30h Cafetaría Caderno de bitácora 20:10h Espazo Gastronomía Do, re, Bip -
Roteiro Descubre San Simón
Roteiro Descubre San Simón
Varias localizacións | Todo o díaO roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que coñezas a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, obterás información en galego, español e inglés das sete estacións: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloria e a nova estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.
-
Exposición A Escola Sinsal
Exposición A Escola Sinsal
Varias localizacións | Todo o díaA Escola Sinsal presenta unha exposición de cómic que recompila e divulga a historia do son e da música gravada en Galicia a través de 16 personalidades do país que tiveron relación coa mesma, e que abrangue desde o século XVII até o século XX.
-
Sesións San Simón
Sesións San Simón
Cafetaría | VariosAs Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións son abertas para o público asistente.
-
Audicións Malmequeres
Audicións Malmequeres
Praza San Simón | 12:40-14:10hAudicións Malmequeres presenta "La trastienda del Fanzine Escupe. Música para cerebros inquietos". Dúas das fundadoras de Voces de Ultratumba (1984), Chus Taboada (cantante, letrista) e Eva Izquierdo (guitarra) presentarán unha viaxe sonora polos recunchos da década dos 80 cos sons da escena afterpunk e as relacións transfronteirizas entre Galicia e Portugal.
-
Canto de emigración
Canto de emigración
Cafetaría | 14:15-15:05hA Orquesta Clásica de Vigo, a través dun sexteto de café, evocará desde a cafetería de San Simón un insólito filme galego de vangarda: Canto de emigración, unha peza rodada no 1935 polo ourensán Tony Román, da que unicamente se conservan vestixios que axudan a visualizar a película, e a partitura que o tudense Teódulo R. Páramos compuxo para acompañar as imaxes.
-
A cociña Sinsal: Aceites Abril x Begoña Vázquez
A cociña Sinsal: Aceites Abril x Begoña Vázquez
Espazo Gastronomía | 17:15hBegoña Vázquez, chef do restaurante Regueiro da Cova (Verín) e recoñecida como Cociñeira do ano no Galicia Fórum Gastronómico 2024, será a encargada de presentar fórmulas coas que reutilizar diferentes produtos humildes, aproveitando todas as súas partes e potenciándoos, para crear así pratos do día a dá e de alta cociña. Todo, co obxectivo de loitar contra o desperdicio alimentario e reducir a pegada de carbono. Taller realizado da man de Aceites Abril.
-
Caderno de bitácora
Caderno de bitácora
Cafetaría | 17:30 e 18:30hCaderno de bitácora é un obradoiro creativo, para todas as idades, que pretende favorece a exploración de linguaxes artísticas. O taller propón a creación dun libro obxecto -a partir das vivencias de cada participante- no que poder rexistrar diferentes diálogos e experiencias estéticas a partir do valor paisaxístico, patrimonial e histórico de San Simón. Inscrición gratuíta no Punto de Información.
-
Do, re, Bip
Do, re, Bip
Espazo Gastronomía | 20:10hA sesión Do, re, bip! é unha idea d’A Escola Sinsal coa colaboración do artista galego multidisciplinar Juanma Lodo. No marco da programación do festival en San Simón, Sinsal propón un obradoiro dirixido especificamente ás familias que asisten ao evento cultural. Durante o taller, o público aprende conceptos básicos sobre a produción musical dixital mediante a manipulación de instrumentos electrónicos. Nomes como sintetizador, caixa de ritmos, sampler, loop, BPM ou calquera efecto de son poranse sobre a mesa. E, como broche dourado, as e os participantes aprenderán a facer música tocando froitas.
Acceso libre ata completar capacidade. Duración aproximada: 50 minutos.
-
- Saturday, July 26th
- Sunday, July 27th
- A Escola Sinsal: é o proxecto educativo centrado na investigación e recuperación da memoria sonora. Conta cunha exposición de cómic, audicións con DJs convidadas, microconcertos e as hipnóticas Sesións San Simón.
- Descubre San Simón: sabías que San Simón foi lazareto e campo de concentración? E que estivo a piques de ser o primeiro aeroporto marítimo de Galicia? Coñece o patrimonio natural, histórico e cultural da illa con roteiros, talleres e visitas guiadas.
- A cociña Sinsal: poñemos o foco na sostibilidade e na economía circular con demostracións de cociña feitas con produtos de proximidade e da man das cociñeiras e expertas do país: a intención é loitar contra o desperdicio alimentario e reducir, á vez, a nosa pegada de carbono.