Durante as tres xornadas do Sinsal SON Estrella Galicia, o público asistente poderá participar no laboratorio Caderno de bitácora, impartido polo taller vigués Arte & Garabato. 

Este obradoiro, dirixido por Cristina González Larriba, pretende favorecer a exploración de linguaxes artísticas a través de espazos inclusivos e interxeracionais -ao ser unha actividade aberta a todas as idades, a partir dos 7 anos- á vez que as participantes fan uso de materiais recuperados e respectuosos co medio ambiente. 

 

Nesta edición do Sinsal, Arte y Garabato propón crear un libro obxecto a partir do percorrido que o público fai para chegar á illa e as súas vivencias durante a estancia na mesma. Así, nese metafórico ‘caderno de bitácora’, as e os participantes do obradoiro poden descubrir e rexistrar diferentes diálogos e experiencias estéticas a partir do valor paisaxístico, patrimonial e histórico de San Simón.

 

Cada xornada celebraranse dous sesións diferentes do obradoiro e a inscrición poderase realizar na mesma xornada ao desembarcar na illa.