• Friday, July 25th
  • Saturday, July 26th
    TIME LOCATION Download PDF
    Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón
    Todo o día Varias localizacións Exposición A Escola Sinsal
    Varios Cafetaría Sesións San Simón
    12:40-14:10h Praza San Simón Audicións Malmequeres
    13:45-14:30h Cafetaría Rumbantela
    17:00 e 19:15h Pto de encontro: Enfermaría Illario Pantasma
    17:30 e 18:30h Cafetaría Caderno de bitácora
    18:15h Espazo Gastronomía A cociña Sinsal: Arias Moniz x Xesús Mazaira
    • Roteiro Descubre San Simón

      Roteiro Descubre San Simón

      Varias localizacións | Todo o día

      O roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que coñezas a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, obterás información en galego, español e inglés das sete estacións: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloria e a nova estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.

    • Exposición A Escola Sinsal

      Exposición A Escola Sinsal

      Varias localizacións | Todo o día

      A Escola Sinsal presenta unha exposición de cómic que recompila e divulga a historia do son e da música gravada en Galicia a través de 16 personalidades do país que tiveron relación coa mesma, e que abrangue desde o século XVII até o século XX. 
       

    • Sesións San Simón

      Sesións San Simón

      Cafetaría | Varios

      As Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións son abertas para o público asistente. 
       

    • Audicións Malmequeres

      Audicións Malmequeres

      Praza San Simón | 12:40-14:10h

      As Audicións Malmequeres presentan "Radio Medellín". O artista e investigador sonoro Marco 'Apenino' recuperará a súa etapa radiofónica dos anos 90 en Radio Medellín (Santiago de Compostela), o proxecto editorial da desaparecida Sala Nasa ou os artistas que deron forma ao nomeado “rock parrulo”.

    • Rumbantela

      Rumbantela

      Cafetaría | 13:45-14:30h

      Unha formación dun cuarteto de saxofóns da Orquesta Clásica de Vigo revisará estilos musicais que fixeron bailar as xeracións de galegas e galegos da primeira metade do século pasado. Haberá pezas orixinais, grandes éxitos do momento, xoias preservadas dun arquivo persoal e tamén a memoria da banda de música de Sande (Ourense). 
       

    • Illario Pantasma

      Illario Pantasma

      Pto de encontro: Enfermaría | 17:00 e 19:15h

      O investigador Xoé Lois G. Faílde convídanos a participar no roteiro Illario pantasma, que contará con tres estacións: Espectros botánicos, onde coñecer o corpo fitolóxico da paisaxe; Pantasmas literarios, sobre a pegada difusa do imaxinario da escrita da illa; e Pa(i)saxes esquecidxs, arredor da xenealoxía política soterrada no lugar.

      Inscrición gratuíta no Punto de Información de Sinsal en San Simón. O paseo ten unha duración de 50 minutos.

    • Caderno de bitácora

      Caderno de bitácora

      Cafetaría | 17:30 e 18:30h

      Caderno de bitácora é un obradoiro creativo, para todas as idades, que pretende favorece a exploración de linguaxes artísticas. O taller propón a creación dun libro obxecto -a partir das vivencias de cada participante- no que poder rexistrar diferentes diálogos e experiencias estéticas a partir do valor paisaxístico, patrimonial e histórico de San Simón. Inscrición gratuíta no Punto de Información. 
       

    • A cociña Sinsal: Arias Moniz x Xesús Mazaira

      A cociña Sinsal: Arias Moniz x Xesús Mazaira

      Espazo Gastronomía | 18:15h

      Un encontro entre a terra, o tempo e o saber facer. Neste taller, Xesús Mazaira, o queixeiro e propietario de Airas Moniz —referente da nova queixería galega grazas aos seus galardoados queixos Terra e Savel—, convida a descubrir os segredos dun produto nacido do respecto: vacas en pastoreo, leite crúa, procesos naturais e moita paixón e tradición. Á súa proposta súmase a mel Puramel, un tesouro líquido da Ribeira Sacra lucense, obtido mediante apicultura biodinámica, que coida da colmea e do seu entorno co mesmo mimo co que se coida da terra.

  • Sunday, July 27th
Ademais do programa de concertos, Sinsal propón un festival cultural paralelo aproveitando a experiencia diurna de San Simón.

  • A Escola Sinsal: é o proxecto educativo centrado na investigación e recuperación da memoria sonora. Conta cunha exposición de cómic, audicións con DJs convidadas, microconcertos e as hipnóticas Sesións San Simón.

  • Descubre San Simón: sabías que San Simón foi lazareto e campo de concentración? E que estivo a piques de ser o primeiro aeroporto marítimo de Galicia? Coñece o patrimonio natural, histórico e cultural da illa con roteiros, talleres e visitas guiadas. 

  • A cociña Sinsal: poñemos o foco na sostibilidade e na economía circular con demostracións de cociña feitas con produtos de proximidade e da man das cociñeiras e expertas do país: a intención é loitar contra o desperdicio alimentario e reducir, á vez, a nosa pegada de carbono. 

     

Go to top