Actividades paralelas

  • Venres 25
  • Sábado 26
  • Domingo 27
    HORA LUGAR Descargar en PDF
    Todo o día Varias localizacións Exposición A Escola Sinsal
    Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón
    Varios Cafetaría Sesións San Simón
    12:15-13:35h Praza San Simón Audicións Malmequeres
    14:15-15:00h Cafetaría Rumbantela
    16:30h Espazo Gastronomía A cociña Sinsal: Porto Muíños x Arián Chef
    17:30 e 18:30h Cafetaría Caderno de bitácora
    17:30-18:30h Pto de encontro: Enfermaría Andaina con Amarturmar
    19:30h Espazo Gastronomía Do, re, Bip
    • Exposición A Escola Sinsal

      Exposición A Escola Sinsal

      Varias localizacións | Todo o día

      A Escola Sinsal presenta unha exposición de cómic que recompila e divulga a historia do son e da música gravada en Galicia a través de 16 personalidades do país que tiveron relación coa mesma, e que abrangue desde o século XVII até o século XX. 
       

    • Roteiro Descubre San Simón

      Roteiro Descubre San Simón

      Varias localizacións | Todo o día

      O roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que coñezas a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, obterás información en galego, español e inglés das sete estacións: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloria e a nova estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.

    • Sesións San Simón

      Sesións San Simón

      Cafetaría | Varios

      As Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións son abertas para o público asistente. 
       

    • Audicións Malmequeres

      Audicións Malmequeres

      Praza San Simón | 12:15-13:35h

      Audicións Malmequeres presenta "En el calor de la noche, programa de Radio Minuto entre 1988 e 1990".  Isabel Díaz e Pedro Blázquez, dous xornalistas históricos da cultura de clubs con innumerables proxectos e programas especializados en RNE –Radio 3 e Radio 4 Catalunya–, ou na Cadena Ser, lembrarán os inicios da chegada da música de baile a España na pioneira Radio Minuto de Barcelona entre os anos 1988 e 1990. 

    • Rumbantela

      Rumbantela

      Cafetaría | 14:15-15:00h

      Unha formación dun cuarteto de saxofóns da Orquesta Clásica de Vigo revisará estilos musicais que fixeron bailar as xeracións de galegas e galegos da primeira metade do século pasado. Haberá pezas orixinais, grandes éxitos do momento, xoias preservadas dun arquivo persoal e tamén a memoria da banda de música de Sande (Ourense). 
       

    • A cociña Sinsal: Porto Muíños x Arián Chef

      A cociña Sinsal: Porto Muíños x Arián Chef

      Espazo Gastronomía | 16:30h

      Obradoiro coa chef galega Arián Lozano, quen realizará unha introdución á cociña vexetariana con produtos de mar que proporcionará a conservera especializada en algas de produción ecolóxica Porto Muíños. Acceso libre ata completar capacidade.

    • Caderno de bitácora

      Caderno de bitácora

      Cafetaría | 17:30 e 18:30h

      Caderno de bitácora é un obradoiro creativo, para todas as idades, que pretende favorece a exploración de linguaxes artísticas. O taller propón a creación dun libro obxecto -a partir das vivencias de cada participante- no que poder rexistrar diferentes diálogos e experiencias estéticas a partir do valor paisaxístico, patrimonial e histórico de San Simón. Inscrición gratuíta no Punto de Información. 
       

    • Andaina con Amarturmar

      Andaina con Amarturmar

      Pto de encontro: Enfermaría | 17:30-18:30h

      Paseo con Amarturmar, a asociación cultural de mulleres e homes do mar de Cesantes, para botar unha ollada á enseada de San Simón desde a experiencia cotiá das mariscadoras e pescadores da parroquia. Coñeceremos a diversidade mariñeira do lugar, mais tamén a súa actividade económica, o papel da economía circular e, sobre todo, como o cambio climático está a transformar os recursos naturais da zona.


      Inscrición gratuíta no Punto de Información. 
      Saída ás 17:30h desde Enfermería

    • Do, re, Bip

      Do, re, Bip

      Espazo Gastronomía | 19:30h

      A sesión Do, re, Bip! é unha idea d’A Escola Sinsal coa colaboración do artista galego multidisciplinar Juanma Lodo. No marco da programación do festival en San Simón, Sinsal propón un obradoiro dirixido especificamente ás familias que asisten ao evento cultural. Durante o taller, o público aprende conceptos básicos sobre a produción musical dixital mediante a manipulación de instrumentos electrónicos. Nomes como sintetizador, caixa de ritmos, sampler, loop, BPM ou calquera efecto de son poranse sobre a mesa. E, como broche dourado, as e os participantes aprenderán a facer música tocando froitas. 

      Acceso libre ata completar capacidade. Duración: 50 minutos. 
       

Ademais do programa de concertos, Sinsal propón un festival cultural paralelo aproveitando a experiencia diurna de San Simón.

  • A Escola Sinsal: é o proxecto educativo centrado na investigación e recuperación da memoria sonora. Conta cunha exposición de cómic, audicións con DJs convidadas, microconcertos e as hipnóticas Sesións San Simón.

  • Descubre San Simón: sabías que San Simón foi lazareto e campo de concentración? E que estivo a piques de ser o primeiro aeroporto marítimo de Galicia? Coñece o patrimonio natural, histórico e cultural da illa con roteiros, talleres e visitas guiadas. 

  • A cociña Sinsal: poñemos o foco na sostibilidade e na economía circular con demostracións de cociña feitas con produtos de proximidade e da man das cociñeiras e expertas do país: a intención é loitar contra o desperdicio alimentario e reducir, á vez, a nosa pegada de carbono. 

     

Ir arriba