• Thursday 25th
  • Friday 26th
  • Saturday 27th
    TIME LOCATION
    Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón
    13:00 a 22:30 Cafetaría Exposición A Escola Sinsal
    13:00 Escenario Malmequeres Malmequeres: rastrexando arquivos
    13:30, 15:25, 17:00, 19:55, 20:30 Santo Antón e Miradoiro Buxos Sesións San Simón
    16:00 a 20:00 Capela de San Simón Binomios fantásticos. Obradoiro familiar.
    18:45 e 19:15 Cemiterio Santo Antón Microconcertos de clásica
    16:00 e 18:00 Punto de encontro: Enfermaría Illario pantasma
    • Roteiro Descubre San Simón

      Roteiro Descubre San Simón

      Varias localizacións | Todo o día

      O roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que as e os asistentes coñezan a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, ofrecen información en galego, español e inglés de fitos históricos: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloriae, como novidade neste 2024, unha estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.

    • Exposición A Escola Sinsal

      Exposición A Escola Sinsal

      Cafetaría | 13:00 a 22:30

      Sinsal convida ao público a descubrir e, por que non, a imaxinar, a historia da música gravada en Galicia a través de oito personalidades do país que tiveron relación coa mesma, desde o século XVII até o século XX. Domingo Martínez de Presa, Severino Pérez Vázquez, Andrés Avelino Comerma i Batalla, Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta Pose, Maruja Boga, Pedro Ferrer ou Portela Seijo incorpóranse á Escola Sinsal da man, talento e imaxinación de oito artistas do mundo do cómic: Emma Roulette, Begoña García-Alén González, Marta Cartu, Santi Zubizarreta, Pepa Prieto Puy, Andrés Magán, Rapapawn (Cynthia Alfonso e Óscar Raña) e Mar Mascaró. 

    • Malmequeres: rastrexando arquivos

      Malmequeres: rastrexando arquivos

      Escenario Malmequeres | 13:00

      Malmequeres: rastrexando arquivos son sesións con casetes e cintas magnetofónicas que permitirán recuperar e poñer en valor arquivos e documentos rexistrados neste formato durante a segunda metade do século XX. No festival escoitaranse e gravaranse tres sesións -cada día será diferente- que explorarán outras tantas coleccións que, aínda que a súa orixe sexa diferente, posúen un mesmo valor simbólico.

    • Sesións San Simón

      Sesións San Simón

      Santo Antón e Miradoiro Buxos | 13:30, 15:25, 17:00, 19:55, 20:30

      As Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións, realizadas en distintos espazos do arquipélago, son abertas para o público asistente. 

    • Binomios fantásticos. Obradoiro familiar.

      Binomios fantásticos. Obradoiro familiar.

      Capela de San Simón | 16:00 a 20:00

      Sinsal propón visualizar a oportunidade de dar novos usos a materiais reutilizados a través da creación artística como parte do seu compromiso #sinsalsenrastro. As e os asistentes aos talleres -habitualmente o público máis novo do festival- poderán aprender a xerar propostas sostibles e respectuosas co medio atendendo, entre outras cuestións, ao seu impacto ambiental. 

      A asistencia é gratuíta e as inscricións realízanse no punto de información do festival en San Simón. 

    • Microconcertos de clásica

      Microconcertos de clásica

      Cemiterio Santo Antón | 18:45 e 19:15

      A Orquesta Clásica de Vigo celebra este ano o seu corenta aniversario. Coincidindo co centenario da estrea da zarzuela La leyenda del beso, do compositor ponteareán Reveriano Soutullo, o seu quinteto de metais interpreta obras do autor e estrea arranxos específicos ideados para Sinsal. 

    • Illario pantasma

      Illario pantasma

      Punto de encontro: Enfermaría | 16:00 e 18:00

      O investigador Xoé Lois G. Faílde convídanos a participar no roteiro Illario pantasma, que contará con tres estacións: Espectros botánicos, onde coñecer o corpo fitolóxico da paisaxe; Pantasmas literarios, sobre a pegada difusa do imaxinario da escrita da illa; e Pa(i)saxes esquecidxs, arredor da xenealoxía política soterrada no lugar.

      Inscrición gratuíta no Punto de Información de Sinsal en San Simón. O paseo ten unha duración de 50 minutos.

  • Sunday 28th
Go to top