• Thursday 25th
  • Friday 26th
    TIME LOCATION
    Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón
    15:15 a 22:30 Cafetaría Exposición A Escola Sinsal
    15:45 Escenario Malmequeres Malmequeres: rastrexando arquivos
    18:00 Cafetaría Showcooking con Begoña Vázquez
    18:25, 20:15, 21:15 Santo Antón e Miradoiro Buxos Sesións San Simón
    • Roteiro Descubre San Simón

      Roteiro Descubre San Simón

      Varias localizacións | Todo o día

      O roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que as e os asistentes coñezan a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, ofrecen información en galego, español e inglés de fitos históricos: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloria e, como novidade neste 2024, unha estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.

    • Exposición A Escola Sinsal

      Exposición A Escola Sinsal

      Cafetaría | 15:15 a 22:30

      Sinsal convida ao público a descubrir e, por que non, a imaxinar, a historia da música gravada en Galicia a través de oito personalidades do país que tiveron relación coa mesma, desde o século XVII até o século XX. Domingo Martínez de Presa, Severino Pérez Vázquez, Andrés Avelino Comerma i Batalla, Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta Pose, Maruja Boga, Pedro Ferrer ou Portela Seijo incorpóranse á Escola Sinsal da man, talento e imaxinación de oito artistas do mundo do cómic: Emma Roulette, Begoña García-Alén González, Marta Cartu, Santi Zubizarreta, Pepa Prieto Puy, Andrés Magán, Rapapawn (Cynthia Alfonso e Óscar Raña) e Mar Mascaró.

    • Malmequeres: rastrexando arquivos

      Malmequeres: rastrexando arquivos

      Escenario Malmequeres | 15:45

      Malmequeres: rastrexando arquivos son sesións con casetes e cintas magnetofónicas que permitirán recuperar e poñer en valor arquivos e documentos rexistrados neste formato durante a segunda metade do século XX. No festival escoitaranse e gravaranse tres sesións -cada día será diferente- que explorarán outras tantas coleccións que, aínda que a súa orixe sexa diferente, posúen un mesmo valor simbólico.

    • Showcooking con Begoña Vázquez

      Showcooking con Begoña Vázquez

      Cafetaría | 18:00

      Minimizar a pegada no planeta é unha responsabilidade de todas, en todos os ámbitos. Tamén na cociña. A chef Begoña Vázquez, da man de Aceites Abril, ofrece un showcooking nomeado 7 vidas | vexetais | aceites, no que nos ensinará a reutilizar diferentes produtos, aproveitando todas as súas partes.

      Este obradoiro ten unha duración de 60 minutos e conta con 20 prazas. Para participar envía un correo a festival@sinsalaudio.org co asunto "Showcooking"; indicando o teu nome, apelidos e teléfono de contacto; ou achégate na illa ao posto de información. 

    • Sesións San Simón

      Sesións San Simón

      Santo Antón e Miradoiro Buxos | 18:25, 20:15, 21:15

      As Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións, realizadas en distintos espazos do arquipélago, son abertas para o público asistente. 

  • Saturday 27th
  • Sunday 28th
Go to top