Information

Sinsal Primavera pretende visualizar propostas singulares e únicas, de difícil clasificación e, por tanto, pouco habituais no circuíto de programación.

Deafkids, Kristin Hersh e Julius Gabriel conforman o cartel desta edición, que terá lugar os días 5 e 19 de abril, e 9 de maio.

Sinsal Primavera é un evento organizado por Sinsalaudio, que conta co Concello de Vigo como colaborador principal e co apoio de MARCO de Vigo e Sala Radar.