• Non navegaremos a San Simón en 2020; remaremos no Litoral

    Imaxinamos que a esta altura da crise da COVID19 non colle de sorpresa a ninguén, pero desde Sinsalaudio, promotora do Festival Sinsal SON Estrella Galicia en San Simón (Redondela) temos que comunicarvos que en 2020 non nos veremos na illa. A organización do festival, co apoio dos seus patrocinadores privados e institucionais, decidiu que nas datas previstas para a que sería a décimo primeira edición do festival no arquipélago formado polas Illas de San Simón e San Antón, do 24 ao 26 de xullo, resulta imposible garantir a seguridade sanitaria de público, do equipo de traballo e dos artistas. Nesas mesmas datas, e tal como xa estaba na previsión de Sinsalaudio, desenvolverase o proxecto Sinsal Litoral, do que vos anunciaremos emprazamentos e actividades nas vindeiras semanas, pendentes da evolución da pandemia e das directrices sanitarias.
  • European Festival Awards: Sinsal SON Estrella Galicia nominado en Pequeno Formato

    Sinsal SON Estrella Galicia participa nos Premios dos Festivais Europeos na categoría de Mellor Festival Pequeno Formato. Desde o 11 de novembro xa se poden votar as candituras dos mellores festivais europeos. Até o día 30 de novembro poden votarse: Mellor Festival Formato Grande, Mellor Medio Formato (onde están os festivais galegos Resurrection e O Son do Camiño), Mellor Pequeno Formato, Mellor Indoor e Mellor Festival Novo. Ademais, tamén se pode escoller Mellor Cartel e Mellor Artista Revelación 2019. 
  • Sinsal SON Estrella Galicia: Premio Fest ao Máis Sostible

    Na noite do mércores 30 de outubro, o Festival Sinsal SON Estrella Galicia (San Simón, Redondela) sumaba un novo galardón á súa traxectoria. O Premio Fest ao Festival máis Sostible foi recollido en Bilbao por Julio Gómez, codirector do evento que se celebra en xullo na Illa de San Simón (Redondela) desde o ano 2010. Os Premios Fest, que chegaban á súa sexta edición, están organizados  pola Asociación de Promotores Musicales (APM) e son entregados no marco do Congreso de Festivales do Bizkaia International Music Experience (BIME). En 2015, Sinsal SON Estrella Galicia foi distinguido co Premio Fest ao Mellor Festival de Formato Pequeno; a mesma categoría na que triunfou en 2018 nos Iberian Festival Awards, galardóns que inclúen ademais os festivais portugueses.
  • Consulta a Memoria Sinsal 2019 de xestión da sostibilidade

    Antes de que remate o ano, queremos contarvos as accións e os resultados do Plan de Xestión da Sostibilidade 2019 da empresa Sinsalaudio, centrada no Festival Sinsal SON Estrella Galicia (xullo, Illa de San Simón, Redondela) que nos serve de faro e guía para todos os eventos que organizamos. Podedes descargar a memoria 2019 AQUÍ. A continuación resumimos algunhas das iniciativas e resultados.
  • No Museo do Mar de Galicia en 2019: sostibles

    Porque a sostibilidade é un obxectivo e unha necesidade en todos os proxectos Sinsalaudio, na segunda edición do Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar seguimos apostando pola diversidade, a reutilización, o produto local e o transporte compartido.
  • Escenarios salgados para Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar 2019

    Escenarios diversos, no interior e no exterior. O Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar 2019 quere sorprender ao público nun espazo que, de por si, xa é impresionante: o Museo do Mar de Galicia en Vigo. Os días 7 e 8 de setembro música e mar na segunda edición dun festival que se reparte en 2 días, o primeiro de pago e o segundo de balde. O sábado 7, entre as 19:00 e a 01:30 concertos de Rocío Márquez, Y La Bamba, FAIA, Mary Lattimore, Iko Cuyagua, Lady Lykez e a proposta “Escenas para unha viaxe submarina” ao redor do universo de Verne coa ESAD e o Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada do sábado ten un prezo de 25 euros; os menores de 16 anos pagan 5 euros. O domingo 8, unha programación de balde entre as 12:30 e as 16:00, cos concertos de Deva e Mundo Prestigio asi como unha oferta de talleres e visitas ao redor do mundo mariño. O público pode inscribirse nas actividades a partir deste martes a través da web do festival: www.festival.sins.al. O festival presentouse o martes 3 no museo, coas intervencións de Julio Gómez, codirector, Marta Lucio, directora do museo, e Corina Porro, delegada da Xunta de Galicia en Vigo. Tes todos os horarios AQUÍ

  • Os horarios do festival no Museo do Mar de Galicia

    Aquí tendes todos os horarios do Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar 2019,  que se celebra en Vigo os días 7 e 8 de setembro. Se queredes participar nas actividades do domingo 8, é mellor que vos inscribades para garantir a vosa praza. As actividades son de balde, pero o aforo é limitado. Podedes inscribirvos AQUÍ
  • Inscríbete nas actividades do Sinsal no Museo do Mar o domingo 8 de setembro!

    Un laboratorio de sal, un mural colectivo relacionado coas mareas, un experimento fotográfico inspirado nas algas ou entrar no Museo do Mar de Galicia, con acuario incluído. Estas son as propostas do domingo 8 de setembro no Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar gratuítas pero con aforo limitado. Inscríbete AQUÍ para garantir a túa praza. Lembra que o domingo tamén contaremos cos concertos de Mundo Prestigio (13:00) e Deva (14:30) nos xardíns do museo.
  • Lady Lykez únese ao cartel do sábado 7 no Museo do Mar

    De Londres chega o hip hop de Lady Lykez. Desde que en 2012 se dera a coñecer nos festivais de Leeds e de Reading no escenario da BBC para artistas revelación, a británica afianzou o seu persoal estilo como rapeira, influído tamén pola súa relación coa percusión, cunha voz que abala entre a levitación e a turbulencia, que recolle o seu vínculo co grime e o dancehall, e que, ademais, revélaa como unha grande cantante. 


  • Á venda as entradas para Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar

    Dous días para celebrar a música e o patrimonio marítimo de Vigo: o 7 e 8 de setembro o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar celebra a súa segunda edición. O sábado 7, a partir das sete da tarde e de pago, cos concertos de  Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore, FAIA, Iko Cuyagua e unha artista máis por confirmar. Ademais, a ESAD e o Conservatorio Superior de Música de Vigo presentan "Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne". O domingo 8, actividades e dous concertos de balde, a partir das 12:30 da mañá. As entradas para sábado 7 xa están á venda a través de www.festival.sins.al a un prezo de 25 euros máis gastos de xestión para persoas adultas e de 5 para menores de 16.