Xornadas ‘Localizar e deslocalizar’
A idea abordarase desde unha perspectiva global coa participacuóin de representantes de iniciativas musicais de Canadá, Italia, Líbano ou Noruega (ademais de Galicia), a través do programa PICE, de Acción Cultural Española. Todos os contidos recolleranse en formato audiovisual e, posteriormente, estarán dispoñibles como podcast na propia web do festival, https://festival.sins.al/.
o longo dos tres días, ao remate do primeiro concerto no escenario FEST Galicia (sobre as 18.00 horas), o espazo acollerá cada día unha conversa temática coa que o festival amosa a súa vontade de contribuír á internacionalización das propostas creativas galegas a través de conexións con todo o mundo desde o punto de vista artístico e de público. Na xornada do venres 23 celebrarase o parladoiro Mulleres na cultura internacional. De Oslo a Beirut, que contará coa participación das iniciativas Oslo World (Noruega), Beirut And Beyond (Líbano) e Descúbreas (Galicia). Na tarde do sábado 24, Localizar e deslocalizar centrarase nas relacións entre Cultura e cooperación para o desenvolvemento rural, na que se darán a coñecer propostas como Risogimarche (Italia) e Anceu Colivig (Galicia). Finalmente, na tarde do domingo 25, será a quenda da reflexión sobre a Axenda 2030 e Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nos festivais internacionais da man de Global Toronto (Canadá) e We Sustainability (Galicia).