Sinsal SON Estrella Galicia é un dos festivais máis singulares de Europa que en 2018 se celebra do 26 ao 29 de xullo. Ten lugar na Illa de San Simón (Redondela), situada na espectacular Ría de Vigo, desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos fletados pola organización desde Vigo e Meirande. O prezo da viaxe en barco está incluído no prezo da entrada.