• Venres 25
    HORA LUGAR Descargar en PDF
    14:15h SON Estrella Galicia Azulceleste (España)
    14:15h Malmequeres Arkestra XV: BFlecha + Mwëslee Dj Set (Vigo)

    15:20h Santo Antón Rock’n’Roll Cocanha (Francia)
    16:35h Buxos FEST Galicia WaqWaq Kingdom (Xapón)
    17:30h SON Estrella Galicia Ali (Indonesia)
    18:40h Buxos FEST Galicia Ivo Dimchev (Bulgaria)
    19:50h SON Estrella Galicia Fidju Kitxora (Cabo Verde-Portugal)
    21:00h Buxos FEST Galicia AMMAR 808 (Tunes)
    21:55h Malmequeres Arkestra XV: BFlecha + Mwëslee Dj Set (Vigo)

    • Azulceleste (España)

      Azulceleste (España)

      SON Estrella Galicia | 14:15h


      ESTREA EN GALICIA
      Se che gustan (ou che inspiran) as referencias de José Gonzalez, Bon Iver ou Sufjan Stevens, entón este grupo é para ti. A música deste dúo residente en Barcelona, organizado ao redor da elegancia de Matteo Sibille e Cote Fournier, podería pasar por unha formación de trobadores de San Simón ou de cantautores do 68. Música eterna, de acento folk, sempre cativadora por riba das modas.

    • Arkestra XV: BFlecha + Mwëslee Dj Set (Vigo)


      Arkestra XV: BFlecha + Mwëslee Dj Set (Vigo)


      Malmequeres | 14:15h

      A artista viguesa Belén Vidal, pioneira na escena electrónica iberoamericana -cunha década de actividade e presentacións por festivais e clubs de todo o mundo-, e Mwëslee (Diego Cobo), produtor á vangarda do hip-hop nacional -e que actuou en clubs de Tokio, Os Ánxeles, Marrocos, Oslo etc.-, presentarán unha dobre sesión dedicada a celebrar os 15 aniversarios do selo galego Arkestra Discos, unha das referencias imprescindibles da cultura de club en España.

    • Cocanha (Francia)

      Cocanha (Francia)

      Santo Antón Rock’n’Roll | 15:20h

      Hai tempo que esta proposta de canto en occitano está na nosa lista de axitadoras predilectas como Duo Ruut (Estonia, estiveron no Sinsal en 2023) e Tarta Relena (Cataluña, visitáronnos no Sinsal 2021). Residentes en Toulouse, inspirándose no cancioneiro tradicional e a memoria etnográfica, reivindican a renovación da música popular. Demasiado modernas para os tradicionalistas e moi folclóricas para os urbanitas, a súa música tamén pasou polas mans do produtor Raul Refree.
       

    • WaqWaq Kingdom (Xapón)

      WaqWaq Kingdom (Xapón)

      Buxos FEST Galicia | 16:35h


      ESTREA EN ESPAÑA

      WaqWaq Kingdom é un dúo xaponés formado por Kiki Hitomi (cantante, entre outros proxectos, de King Midas Sound) e Shigeru Ishihara (DJ Scotch Egg). A pesar das aparencias, a súa proposta futurista é unha fusión do estilo tradicional xaponés Minyo con dancehall xamaicano, dub, ritmos tribais e bandas sonoras de Super Nintendo. Un conxunto de sons e referencias visuais inspiradas na antiga mitoloxía sintoísta e os festivais xaponeses tradicionais Matsuri (Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade). Que fariamos sen Xapón?

    • Ali (Indonesia)

      Ali (Indonesia)

      SON Estrella Galicia | 17:30h


      ESTREA EN ESPAÑA

      Ali é unha proposta de psicodelia que reúne influencias como o rock indonesio dos anos 70, o soul cinematográfico e o afro beat cos sons vibrantes da escena musical local. Ali inspírase na arte, na música de Oriente Medio e na cultura árabe que, ao longo dos séculos, foise integrando no no estilo de vida dun dos países con maior diversidade cultural de Asia. Encántanos o seu son vintage!

    • Ivo Dimchev (Bulgaria)

      Ivo Dimchev (Bulgaria)

      Buxos FEST Galicia | 18:40h


      ESTREA EN ESPAÑA
      Coñecido por ser un artista irreverente, provocador e activista queer, divide a súa exuberante produción entre a performance, a danza, o teatro, a música, a pintura, a fotografía e o cinema. É autor de máis de 40 obras de teatro, recibiu numerosos premios internacionais de artes escénicas e presentou a súa música por toda Europa, América e Asia. Cunha presenza escénica que oscila entre a estrela de rock e a "prima donna", Dimchev móvese entre o romanticismo melancólico e a pista de baile ballroom.

    • Fidju Kitxora (Cabo Verde-Portugal)

      Fidju Kitxora (Cabo Verde-Portugal)

      SON Estrella Galicia | 19:50h


      ESTREA EN ESPAÑA
      Un dos nomes máis vibrantes na nova escena urbana de Lisboa, en constante ebulición debido á atarefada diversidade cultural da capital lusa. Este escenario musical é o proceso dunha fusión de ritmos e sonoridades da diáspora africana que importa a calidez dos ritmos tribais e as tradicións oriúndas. Entrelazando gravacións de campo, sintetizadores e samples, Fidju Kitxora reforma e moderniza o son contaxioso do afro-house ou o koduro.

    • AMMAR 808 (Tunes)

      AMMAR 808 (Tunes)

      Buxos FEST Galicia | 21:00h

      Desde as raíces da tradición Mezoued, un estilo de música popular prohibido nos medios oficiais de mediados do século XX por ter a súa orixe na poboación rural, Sofyann Ben Youssef (AMMAR 808) remestura os sons coas novas ferramentas e procesos dixitais. Himnos sufíes, melodías malouf, escalas árabes e cancións populares antigas, todo nun mesmo repertorio, orientado á celebración en comunidade. Unha ponte entre lugares e tempos desde Tunes para o mundo.

    • Arkestra XV: BFlecha + Mwëslee Dj Set (Vigo)


      Arkestra XV: BFlecha + Mwëslee Dj Set (Vigo)


      Malmequeres | 21:55h

      A artista viguesa Belén Vidal, pioneira na escena electrónica iberoamericana -cunha década de actividade e presentacións por festivais e clubs de todo o mundo-, e Mwëslee (Diego Cobo), produtor á vangarda do hip-hop nacional -e que actuou en clubs de Tokio, Os Ánxeles, Marrocos, Oslo etc.-, presentarán unha dobre sesión dedicada a celebrar os 15 aniversarios do selo galego Arkestra Discos, unha das referencias imprescindibles da cultura de club en España.

  • Sábado 26
  • Domingo 27
O cartel do Festival Sinsal SON Estrella Galicia é secreto. O público non sabe que grupos vai ver ata que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). 

Sinsal é un evento de Sinsalaudio. A traxectoria da promotora, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve son un selo de calidade.
Ir arriba