Programa
- Venres 25
-
Sábado 26
HORA LUGAR Descargar en PDF 14:15h Buxos FEST Galicia Chicharrón (Galicia) 15:10h Malmequeres DJ Nacheit (Madrid) 15:20h Santo Antón Rock’n’Roll Dasom Baek (Corea do Sul) 16:25h SON Estrella Galicia Good Sad Happy Bad (Reino Unido) 17:30h Buxos FEST Galicia Dog Race (Reino Unido) 18:40h SON Estrella Galicia Sahra Halgan (Somalilandia) 19:50h Buxos FEST Galicia Guedra Guedra (Marrocos) 21:00h SON Estrella Galicia Throes + The Shine (Angola-Portugal) 21:55h Malmequeres DJ Nacheit (Madrid) -
Chicharrón (Galicia)
Chicharrón (Galicia)
Buxos FEST Galicia | 14:15hDúas grandes novas marcaron os primeiros meses deste 2025 para o grupo galego Chicharrón, o seu máis que merecido salto á escena independente estatal e o seu debut no selo Acuarela. O seu EP Vitoria está inspirado na historia real de amor de dúas lesbianas en plena ditadura franquista. Sempre pensamos que Chicharrón é un dos grupos de pop costumista máis atractivo e sedutores do son atlántico tan apegado á morriña e ao clima “rumoroso”.
-
DJ Nacheit (Madrid)
DJ Nacheit (Madrid)
Malmequeres | 15:10h
ESTREA EN GALICIA
Especialista en desenvolvemento musical orientado á creatividade, a económica e o impulso social, desde o ano 2001 vén traballando como promotor musical e produtor en foros internacionais como a Bienal de Venecia, s Bienal da Habana ou o festival SXSW. Creador do programa de xiras Music Mobility Fund (Concerts SA, SAMRO) coa que se apoiou a case dous centenares de artistas africanos por máis de 20 países de todo o mundo. Posúe un fondo coñecemento da escena musical africana e esta exploración será o eixo da súa sesión en Sinsal.
-
Dasom Baek (Corea do Sul)
Dasom Baek (Corea do Sul)
Santo Antón Rock’n’Roll | 15:20h
ESTREA EN ESPAÑA
Desde a interpretación instrumental, Dasom Baek conecta a artesanía tradicional coreana coa experimentación sonora contemporánea. Deixándose levar por instrumentos de vento centenarios como o Sogeum e o Daegeum, explora a complexidade das relacións humanas na cidade do século XXI e como a música tradicional, nada desde as raíces da comunidade, pode rescatarnos da soidade e do illamento. Se nunca asistiches a unha viaxe pola música tradicional coreana, recomendamos vivir esta experiencia. -
Good Sad Happy Bad (Reino Unido)
Good Sad Happy Bad (Reino Unido)
SON Estrella Galicia | 16:25h
ESTREA EN ESPAÑA
Marc Pell, Mica Levi (autora da premiada banda sonora da película Under the Skin, interpretada por Scarlett Johansson) e Raisa Khan deron nome a Micachu and the Shapes, unha das referencias máis notables do avant-rock no Reino Unido. No ano 2016, a banda anunciou que cambiaría o seu nome a Good Sad Happy Bad. Desde entón, continúa explorando as sendas da improvisación, a performance poética e o kraut rock. Duelo e sanación, toda unha paisaxe sonora melancólico que ben podería ser a BSO de San Simón. -
Dog Race (Reino Unido)
Dog Race (Reino Unido)
Buxos FEST Galicia | 17:30h
ESTREA EN ESPAÑAA nova escena musical no Reino Unido é unha reivindicación da época dourada que arrincou fai agora medio século (1975). Escoitando a música de Dog Race é inevitable botar unha ollada cara atrás e lembrar o afterpunk, os grupos sinistros e os sons góticos que desde entón non pararon de influír en tantas xeracións. Nun presente de impacto social inmediato, este quinteto londiniense preferiu tomar as cousas con calma. Unhas poucas cancións en cinco anos mais, ollo, porque teñen o talento da súa parte. Un don para compoñer hits e, quen sabe, un éxito internacional?
-
Sahra Halgan (Somalilandia)
Sahra Halgan (Somalilandia)
SON Estrella Galicia | 18:40h
ESTREA EN ESPAÑA
É imposible resumir nunhas liñas a vida desta activista que foi á fronte a cantar aos feridos e, ao finalizar a guerra, tivo que solicitar o asilo político en Francia. Sahra Halgan é unha artista icónica de Somalilandia, antigo protectorado británico no Corno de África e país independente desde 1991, aínda que non recoñecido pola comunidade internacional. A súa música é froito dun equilibrio entre a tradición e a innovación, unha alianza entre a canción somalí e o rock occidental onde a voz de Sahra desprázase entre o misterio e a dignidade das súas raíces, transmitindo a historia dun pobo coas súas traxedias e alegrías. -
Guedra Guedra (Marrocos)
Guedra Guedra (Marrocos)
Buxos FEST Galicia | 19:50hESTREA EN GALICIA
Algúns dos medios especializados máis seguidos pola crítica especializada -como Bandcamp, Mixmag, The Guardian, Resident Advisor, Pitchfork ou a prestixiosa KEXP- xa o puxeron no seu radar como un dos artistas globais máis interesantes da música urbana. Guedra Guedra é DJ/Produtor, explorador de polirritmos e ourive da pista de baile mesturando sons procedentes do norte e do sur dese continente infinito chamado África.
-
Throes + The Shine (Angola-Portugal)
Throes + The Shine (Angola-Portugal)
SON Estrella Galicia | 21:00hESTREA EN GALICIA
Formada en 2011 por Mob Dedaldino, MC e Kudurista angoleño e por Igor Domingues e Marco Castro, dous produtores e instrumentistas de Portugal, Throes + The Shine pasou polos escenarios dalgúns dos festivais máis importantes de Europa como Primavera Sound de Porto ou Nos Alive de Lisboa. A banda conta cunha discografía oficial de seis álbums onde colaboraron artistas de todo o mundo nunha demostración e compromiso coa música global, mesturando sons contemporáneos, ritmos urbanos e influencias do “afrobeat”.
-
DJ Nacheit (Madrid)
DJ Nacheit (Madrid)
Malmequeres | 21:55hESTREA EN GALICIA
Especialista en desenvolvemento musical orientado á creatividade, a económica e o impulso social, desde o ano 2001 vén traballando como promotor musical e produtor en foros internacionais como a Bienal de Venecia, s Bienal da Habana ou o festival SXSW. Creador do programa de xiras Music Mobility Fund (Concerts SA, SAMRO) coa que se apoiou a case dous centenares de artistas africanos por máis de 20 países de todo o mundo. Posúe un fondo coñecemento da escena musical africana e esta exploración será o eixo da súa sesión en Sinsal.
-
- Domingo 27