Actividades paralelas
- Venres 21 de xullo
- Sábado 22 de xullo
-
Domingo 23 de xullo
HORA LUGAR Descargar en PDF 13:00 a 21:00 Cafetaría A Escola Sinsal. Exposición 'Do cinema familiar ás casetes domésticas' 13:30 a 15:30 e 19:30 a 21:00 Cafetaría Audicións San Simón 15:00 | 16:00 | 17:00 | 18:00 | 19:00 Capela Illas imaxinadas. Laboratorio de paisaxes visuais e sonoras 16:00 a 16:50 Punto de encontro: Casa da Cultura - Enfermaría Descubre San Simón. Paseo con Amarturmar 16:00 a 17:15 Cafetaría A Escola Sinsal. Obradoiro A caixa-libro da Escola Sinsal 17:00 | 18:00 | 19:00 | 20:00 Embarcadoiro do Leste Descubre San Simón. Pedal Surf -
A Escola Sinsal. Exposición 'Do cinema familiar ás casetes domésticas'
A Escola Sinsal. Exposición 'Do cinema familiar ás casetes domésticas'
Cafetaría | 13:00 a 21:00A casete, o soporte sonoro máis difundido e importante na historia do século XX, volveu e está de moda, e débese a que, á parte de ser máis sostible e barato, permite o control sobre a edición, a produción e a distribución. A mostra recolle xoguetes do pasado e tamén presenta algúns proxectos de diferentes partes do mundo que están a recuperar e protexer estes arquivos en perigo. A exposición complétase cun taller a cargo da investigadora Sarah Rasines que, en pouco tempo, presentará a primeira tese doutoral dedicada á importancia da casete en España.
-
Audicións San Simón
Audicións San Simón
Cafetaría | 13:30 a 15:30 e 19:30 a 21:00Instalación que revive a primeira jukebox –tamén coñecida como gramola, rockola ou máquina de discos– instalada nun espazo público a fináis do século XIX. Foi un 23 de novembro do ano 1889, en San Francisco. A jukebox consiste nun fonógrafo automático que reproduce un cilindro fonográfico e sustitúe a campá acústica por unha instalación de auriculares por tubo. Con este enxeño mecánico, era posible que entre 10 e 12 persoas escoitaran música gravada ao mesmo tempo.
Durante os tres días do festival programaremos unha serie de sesións en aberto onde as persoas interesadas recuperarán ese momento. -
Illas imaxinadas. Laboratorio de paisaxes visuais e sonoras
Illas imaxinadas. Laboratorio de paisaxes visuais e sonoras
Capela | 15:00 | 16:00 | 17:00 | 18:00 | 19:00Que conforma ou define unha paisaxe? De cantas formas podemos imaxinar unha illa? Que cores, texturas ou formas tería? Cal sería o son desa illa? Illas Imaxinadas: laboratorio de paisaxes visuais e sonoras é un obradoiro para todos os públicos para a creación de ambientes visuais e sonoros a través de diferentes procesos, dispositivos e artefactos. Impartida por Arte y Garabato, é unha proposta, con perspectiva lúdica, na que as e os participantes experimentarán coa luz e o son como ferramentas de creación e transformación, coa intención de activar unha mirada atenta e unha escoita profunda.
As e os menores sempre deberán estar acompañados por unha persoa adulta. Haberá 20 prazas por sesión que se adxudicarán por orde de chegada. -
Descubre San Simón. Paseo con Amarturmar
Descubre San Simón. Paseo con Amarturmar
Punto de encontro: Casa da Cultura - Enfermaría | 16:00 a 16:50Amarturmar é unha asociación de homes e mulleres do mar que compaxinan a súa actividade profesional con esta iniciativa cultural. Durante todo o ano, ofrecen fermosos e suxestivos sendeiros cos que nos podemos aproximar ao marisqueo, ese traballo tan duro coma fermoso que no seu día cativou o mestre da fotografía Sebastião Salgado. Tamén paseos en barco pola enseada de San Simón, onde ensinan distintos tipos de pesca, e, sobre todo, o Roteiro do Choco. A Sinsal tráennos a outra mirada, desde a illa como sentinela, e contarannos a diversidade mariña do lugar, os seus recursos e as súas principais ameazas.
Inscricións no Punto de Información de San Simón.
-
A Escola Sinsal. Obradoiro A caixa-libro da Escola Sinsal
A Escola Sinsal. Obradoiro A caixa-libro da Escola Sinsal
Cafetaría | 16:00 a 17:15A caixa-libro da Escola Sinsal é un taller impartido pola artista Sarah Rasines dividido en dúas partes. Por unha banda remataremos o deseño dunha caixa-libro con materiais achegados polo arquivo de Sinsal –postais, flyers, obxectos da Escola Sinsal– e, por outro, aprenderemos a facer un loop con cinta de casete.
Durante unha hora descubriremos algúns dos segredos sonoros da casete –e do disco– e aprenderemos a crear sons cos que poderás transformar este soporte nun verdadeiro instrumento musical. Tampouco nos esqueceremos do máis importante: reivindicar a imaxinación de Fluxus e con eles reclamar a diversión sensorial: olfacto, gusto, tacto, vista e oído.
Obradoiro recomendaro para todos os públicos (os menores deberán ir acompañadas de persoas adultas). Haberá 8 parellas por taller . Para poder participar será necesario enviar un correo a sarahrasiness@gmail.com indicando nome e apelidos das participantes, teléfono de contacto e día ao que queren asistir. -
Descubre San Simón. Pedal Surf
Descubre San Simón. Pedal Surf
Embarcadoiro do Leste | 17:00 | 18:00 | 19:00 | 20:00Ao longo de toda a fin de semana terán lugar diferentes rutas -duns 30 minutos- en pedal surf arredor do perímetro da illa para coñecer máis de perto o seu patrimonio natural. Trátase dunha actividade náutica innovadora e 100% sostible, na que as e os participantes poden practicar este deporte á vez que escoitan os concertos desde unha táboa estable e segura desde o primeiro momento: pódese participar nesta actividade sen necesidade de coñecemento previo e cada grupo estará acompañado sempre dunha persoa cualificada para o desenvolvemento da actividade.
Idades recomendadas: a partir de 5 anos. As e os menores deberán estar acompañadas da ou do titor legal -con máis de 16 anos deberán ter autorización asinada-. Imprescindible saber nadar e facer uso do chaleco con camiseta.
Método de inscrición: entrada de pago (até o 20 de xullo).
- Menores entre 5 e 9 anos (como pasaxeiros con nais e pais): gratuíto
- Menores entre 10 e 16 anos que compartan táboa (máximo 120 kg): 10 euros.
- A partir dos 10 anos: 15 euros
- Parellas: 25 euros (12,50 euros por persoa).
- Grupos de 4 a 8 persoas: 10 euros.
- A partir do 21 de xullo: 20 euros por persoa.
-