-
Sinsal publica as Sesións San Simón gravadas coas bandas e solistas da pasada edición
A partir do 5 de decembro, o público poderá descubrir as gravacións de Ichiko Aoba, Maestro Espada, Lapili, Fantasmage, Haya Zaatry, Clarissa Connelly, Brìghde Chaimbeul ou Sessa, entre outras figuras -
Sinsalaudio rende homenaxe á radio dos anos 80 e a Emilio Alonso este luns, 25 de novembro, coa iniciativa ‘A radio da trincheira’
A actividade, de acceso libre ata completar capacidade, celebrarase ás 19.00h na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e recreará unha emisión ao estilo da programación daquel momento -
O Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024 reduce en máis dun 30% o volume do seus residuos
A dirección cualifica como exitosa a implantación da iniciativa piloto #sinsalsenrastro, coa que pretende favorecer a transformación do modelo de consumo e mellorar a xestión actual dos residuos -
Máis de 2.500 persoas asistiron ás citas musicais do Festival Sinsal SON Estrella Galicia en Vigo e San Simón
Artistas como Sessa, Ichiko Aoba, Unsafe Space Garden, Maestro Espada, Aunty Rayzor, Haya Zaatri, Kabeaushé ou Will Butler -exmembro de Arcade Fire- sorprenderon ao público -
As bandas do Festival Sinsal SON Estrella Galicia descobren o patrimonio marítimo da Ría de Vigo
Aunty Rayzor, Afrorack, Haya Zaatry, Kabeaushé e Lapili percorreron esta mañá a enseada de San Simón para coñecer, de perto, as bateas e o sector do mexillón -
26 bandas e solistas de 15 países participarán no Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2024
O Presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; a deputada provincial, Sandra Bastos; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil; e o responsable patrocinios musicais de Estrella Galicia, Juan Inchausti, visitaron a illa de San Simón da man dos codirectores de Sinsal, Luis Campos e Julio Gómez. -
Sinsal completa a súa programación paralela coa ampliación das actividades ‘Descubre San Simón’
O paseo ‘Illario pantasma’, os microconcertos de clásica con música de Reveriano Soutullo en distintos puntos de Santo Antón, unha nova estación en memoria tanto do compositor ponteareán coma do escritor represaliado Diego San José de la Torre e conversas con Amarturmar conforman esta liña do programa. -
As actividades paralelas da Escola Sinsal afondarán na historia do rexistro sonoro en Galicia
Unha exposición didáctica na que se integra a linguaxe do cómic ou sesións musicais no novo escenario Malmequeres que recuperan arquivos sonoros domésticos son algunhas das propostas que se integran nesta liña de programación, na que se inclúen as Sesións San Simón -
Sinsal SON Estrella Galicia abrirase o 25 de xullo cunha xornada divulgativa e musical no Escenario Océano
A iniciativa, que se celebrará a partir das 20.30 horas, abrirá o porto vigués á cidadanía para poñer en relación a diversidade cultural e o patrimonio industrial a través dunha visita guiada, conversa e peche da man do proxecto musical Ombligo -
A capela de San Simón acollerá, no Sinsal, o obradoiro infantil ‘Binomios fantásticos’
A mensaxe de concienciación de #sinsalsenrastro tamén chegará ás actividades paralelas gratuítas destinadas ao público infantil, como é o taller creativo que Cristina González, de Arte y Garabato, impartirá en San Simón. -
Sinsal SON Estrella Galicia lanza #sinsalsenrastro, unha iniciativa para transformar o modelo de xestión de residuos
O festival convida ao público a ser responsable dos seus propios residuos nunha edición na que non haberá papeleiras dispoñibles na illa; e, os que se xeren durante o evento, recolleranse e separaranse nun novo espazo, nomeado ‘Punto R’ -
Esgotados os abonos e as entradas do Sinsal SON Estrella Galicia 2024
O evento, un dos festivais máis singulares da tempada estival, esgotou os abonos en 24 horas e todas as entradas en menos de 72 horas.