• En 2019, estes son os nosos obxectivos #sinsalsostible

    O pasado ano SINSALAUDIO fixo público o seu compromiso coa sostibilidade a través da elaboración, sinatura e publicación da súa política de sostibilidade; unha política aplicable a todos os seus eventos. Para materializar esta política deseñouse un plano de sostibilidade.
  • O festival en cifras: informe de avaliación de FestGalicia

    Fest Galicia a marca transversal impulsada por Agadic para dar apoio aos festivais acaba de publicar o informe completo de avaliación de Sinsal SON Estrella Galicia coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela. Foron 1.224 enquisas realizadas a asistentes 2018. 
  • Esgotados os abonos Sinsal SON Estrella Galicia 2019

    Grazas! Os Abonos Sinsal SON Estrella Galicia 2019 esgotáronse en tres cuartos de hora durante a mañá de hoxe luns 6 de maio. Así que volo dicimos en varios idiomas: gracias, thanks, merçi, obrigado!
  • Viaxamos a Ghana con Casa África: Vis a Vis 2019

    Viaxamos a Ghana do 15 ao 17 de marzo. Por segundo ano consecutivo, o Festival Sinsal SON Estrella Galicia participa no encontro profesional Vis a Vis, que se leva celebrando sete anos.
  • Adriana Proenza en concerto no Play-Doc de Tui

    Con menos de vinte anos e entre a súa Asturias natal e Madrid, Adriana Proenza dedícase a compoñer a música que lle gusta e que define como “envolvente, retro e libre”. A súa andaina musical marca un punto de inflexión en 2018 co EP “Songs I wrote with Corey”.
  • Sinsal SON Estrella Galicia, do 25 ao 28 de xullo de 2019 na Illa de San Simón (Redondela)

    A de 2019 será a décima edición na Illa de San Simón (Redondela). O festival Sinsal SON Estrella Galicia presenta as súas datas: do 25 ao 28 de xulllo. Por terceiro ano consecutivo, 4 días de festival en vez de tres, nos que descubrir o cartel secreto musical que o caracteriza, así como o programa de actividades que completa as xornadas na illa.
  • Sinsal SON Estrella Galicia no Ment Festival de Ljubljana

    Viaxamos a Ljubljana, a capital eslovena! Julio Gómez codirector de Sinsal SON Estrella Galicia, está convidado como conferenciante na programación do MENT Ljubljana FESTIVAL 2019, que se desenvolve do 30/01 ao 01/02 e que nos descubriu en 2018 a КУКЛА (pronunciado como Kukla) na Illa de San Simón no Sinsal SON Estrella Galicia.