Entradas e abonos

No mes de maio saen á venda as entradas do Sinsal 2024. Lembra que o transporte no barco até a Illa de San Simón está incluído na túa entrada ;)

Os abonos xa están esgotados, ao igual que as entradas de día para o sábado 27 e o domingo 28; mais aínda podes adquirir algún dos últimos billetes para o Sinsal 2024. Bule!

Información básica
 

  • A programación musical do Sinsal 2024 será diferente cada día.
  • As entradas e o abono inclúen tanto a asistencia aos concertos como o transporte en barco de ida e volta até a illa.
  • O abono Sinsal 2024 é válido para os tres días de festival en San Simón: 26, 27 e 28 de xullo. Xa está esgotado.
  • As entradas de día son válidas para unha única xornada.
  • A única forma de acceso á illa é a través do transporte en barco para o público (que acreditarás coa túa entrada) desde Vigo ou Meirande.
  • Estableceranse diferentes prezos para as entradas e abonos en función da idade (maiores ou menores de 16 anos) e embarcadoiro de saída.
  • Todas as persoas (adultas e menores) teñen que mercar entrada para acceder ao festival.
  • Os menores de 14 deberán levar, ademais, a autorización asinada por un adulto responsable, que poderán descargar desde a plataforma de venda.
     

Abonos, entradas e precios
 

  • O abono Sinsal con saída e volta desde o porto de Vigo terá un prezo de 155€. (ESGOTADO)
  • O prezo do abono Sinsal do embarcadoiro de Meirande será de 145€ (ESGOTADO)
  • Tanto os abonos como as entradas de día poderanse mercar, a partir do 10 de maio e o 13 de maio, respectivamente, na única plataforma oficial de venda das entradas do evento (Enterticket.es) e que terás á túa disposición nesta mesma páxina web.
     
DATAEMBARCADOIROADULTASMENORES
Venres 26Vigo (14:45h-23:00h)50€15€
Venres 26Meirande (16:15h-22:15h)45€15€
Sábado 27Vigo (12:15h-23:00h)65€ (esgotado)20€ (esgotado)
Sábado 27 Meirande (13:45h-22:15h)60€ (esgotado)20€ (esgotado)
Domingo 28Vigo (11:45h-21:45h)60€ (esgotado)18€ (esgotado)
Domingo 28 Meirande (13:15h-21:15h)55€ (esgotado)18€ (esgotado)


OLLO! A partir do 5 de xullo todos os prezos incrementaranse en 5€