As entradas de día de Sinsal 2022 sairán á venda o luns 30 de maio
O vindeiro luns 30 de maio, saen á venda as entradas de día de Sinsal SON Estrella Galicia, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xullo na illa de San Simón. Todas aquelas persoas interesadas nesta modalidade de entradas, que inclúen tamén o traslado á illa desde Meirande ou desde Vigo, poderán adquirilas a partir das 11.00 horas tamén a través da plataforma Enterticket. Ao igual que no caso dos abonos, o prezo dos billetes variará en función da idade (persoas maiores ou menores de 16 anos) e do embarcadoiro no que se tome o barco. Nesta páxina podes consultar os prezos e horarios dos barcos.
Lembra que ter entrada é un requisito imprescindible para poder asistir a Sinsal: toda persoa que accede ao festival ocupa praza no barco e suma coma asistente na illa, polo que debe contar coa súa correspondente entrada (si, tamén os bebés de 0 a 3 anos). As e os menores de 16 anos (incluídos) teñen, neste sentido, a opción de poder asistir cunha entrada a prezo reducido e que se poden mercar desde a mesma páxina web de Enterticket.
A entrada de día será a única opción válida para asistir: os abonos de tres días esgotáronse no mesmo día que saíron á venda. Se queres saber como é o proceso de compra, a viaxe en barco ou a estancia na illa, visita a nosa sección de FAQ's.