Inscríbete nas actividades do Sinsal no Museo do Mar o domingo 8 de setembro!
Laboratorio artístico “Descubrindo o mar”. Un mural colectivo
12:30
Acción artística baseada na realización dun mural colectivo co mar como motivo. Entre todas as persoas participantes realizaremos unha obra conxunta concebida dende a perspectiva do azar, do que xorde, de forma natural, do que aparece e fluctúa no noso imaxinario, como unha corrente mariña que trae a superficie inesperados tesouros e visións, seguindo a propia deriva natural e creativa na formación dun horizonte. Iria Vázquez, artista, investigadora e docente, coordina esta actividade.
Horarios: A partir das 12:30, quendas de trinta minutos aproximadamente.
Prazas por quenda: 15
Orientado a público infantil e familiar.
Aconsellable roupa cómoda. INSCRÍBETE AQUÍ
Visita Museo do Mar de Galicia, con acuario
12:30 e 14:00
O Museo do Mar de Galicia na parroquia de Alcabre, en Vigo, é un lugar para comprender a vinculación de Galicia e a súa xente co mar. A súa especial dedicación á actividad pesqueira en todos os seus ámbitos, co discorrer da historia, fai do museo un lugar de referencia. Alí atopamos tamén a réplica do navío Beagle, a bordo do cual Darwin revolucionou a visión da natureza e a evolución das especies.
Inscrición previa. Prazas : 30 por sesión. INSCRÍBETE AQUÍ
Laboratorio experimental de fotografía: Gallaecia algae
12:30
Un rexistro botánico de algas a través da luz, para experimentar cun procedemento fotográfico do século XIX, así como coas diferentes posibilidades creativas e sensoriais que nos ofrece a contorna natural do museo. Con Arte y Garabato.
Prazas: 16
Orientado para público familiar a partir de 6 anos. INSCRÍBETE AQUÍ
Laboratorio de sal
14:15 e 15:00
Convidaremos a participar na creación dunha instalación colectiva realizada integramente con sal. Unha experiencia baseada na arte contemporánea para experimentar e gozar coas diferentes posibilidades gráficas, estéticas e sensoriais deste material tan apreciado e valorado ao longo da historia. Con Arte y Garabato.
Prazas por sesión: 20
Orientado para público familiar a partir de 3 anos. INSCRÍBETE AQUÍ