'Do, re, Bip': un obradoiro familiar para descubrir a produción musical e facer música con froitas e verduriñas
As propostas de Sinsal dirixidas a públicos de todas as idades péchanse con este taller impartido polo artista multidisciplinar Juanma Lodo

Sinsal SON Estrella Galicia propón un último taller dirixido a todas as familias que visitan San Simón durante o festival. O artista multidisciplinar Juanma Lodo impartirá Do, re, Bip, un divertido obradoiro no que o público poderá descubrir conceptos vinculados á produción musical dixital e crear a súa propia música ao entrar en contacto con froitas e verduriñas. Este taller pensado especialmente para as máis pequenas decorrerá nas tardes do venres 25 e domingo 27 contra última hora da tarde, como despedida de cada xornada.