Xa podes adquirir en Enterticket as túas entradas para asistir os días 26, 27 e 28 de xullo á nova edición do Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón! 

 

A xornada comezará (e rematará) cunha viaxe en barco, cuxa pasaxe está incluída na túa entrada, e os embarcadoiros estarán situados tanto no porto de Vigo coma en Meirande (Redondela). Nesta páxina podes consultar os horarios de saída e volta dos barcos, así como o prezo das entradas. 
 

O cartel é secreto e cada xornada será diferente. Contaremos con máis de vinte bandas e solistas chegadas de todo o mundo, ademais unha morea de actividades paralelas para todos os públicos, que estarán relacionadas co rexistro sonoro, a concienciación ambiental e coñecemento do patrimonio natural, cultura e histórico de San Simón. Nas vindeiras semanas recibirás máis información no teu correo electrónico.

Por último, se tes dúbidas sobre como mercar os teus billetes, cales son horarios dos barcos ou onde están os embarcadoiros, lembra que podes visitar a nosa páxina de preguntas frecuentes, na que incluímos as consultas máis habituais do público de Sinsal.