• Venres 19 de maio
  • Sábado 20 de maio
    TIME LOCATION
    20:30 MARCO SUPERORGANISMUS
    21:30 MARCO IVANKOVÀ
    23:00 Sala Radar ANA LUA CAIANO
    • SUPERORGANISMUS

      SUPERORGANISMUS

      MARCO | 20:30

      Tramontana e Luz González crean Superorganismus, unha peza electroacústica para flauta, viola, arpa e electrónica ao vivo. A proposta agroma coa intención de xerar música de forma cooperativa e horizontal. Aínda que as catro músicas sexan independentes, a electrónica de Luz González pode modificar o son de Tramontana, mais os instrumentos acústicos son a raíz sonora dun superorganismo que o público percibirá coma un todo. 

    • IVANKOVÀ

      IVANKOVÀ

      MARCO | 21:30

      Ivankovà investiga as emocións implícitas nos estados de transo que se alcanzan mediante a repetición sonora, a escoita atenta ou o drone. Composicións de longo desenvolvemento e tensións harmónicas xestadas a partir de mantras vocais e instrumentos electrónicos e electroacústicos, elaboran épicas paisaxes sonoras influenciados polo romanticismo e a estética neo-medieval. Desde o seu inicio en 2015, o seu traballo foi difundido en eventos como Matadero Madrid, Curtocircuíto ou  LEV Festival, entre outros. 

    • ANA LUA CAIANO

      ANA LUA CAIANO

      Sala Radar | 23:00

      Cantante, compositora e artista multidisciplinar. Ana Lua Caiano converte constantemente a experiencia en creatividade e explora a fusión do folclore portugués co música electrónica e sons cotiáns. Nos seus director, parte de bases sinxelas para construír marcos rítmicos usando beatbox, palmas, tambores e maracas, nas que superón texturas de teclado, sons ambientais e a propia súa voz. 

Vangarda. Experimentación. Creación contemporánea.
Go to top