Actividades paralelas

  • Xoves 25
  • Venres 26
    HORA LUGAR
    15:15 a 22:30 Cafetaría Exposición A Escola Sinsal
    Proximamente Varias localizacións Sesións San Simón
    Proximamente Escenario Malmequeres Malmequeres: rastrexando arquivos
    Todo o día Varias localizacións Roteiro Descubre San Simón
    • Exposición A Escola Sinsal

      Exposición A Escola Sinsal

      Cafetaría | 15:15 a 22:30

      Sinsal convida ao público a descubrir e, por que non, a imaxinar, a historia da música gravada en Galicia a través de oito personalidades do país que tiveron relación coa mesma, desde o século XVII até o século XX. Domingo Martínez de Presa, Severino Pérez Vázquez, Andrés Avelino Comerma i Batalla, Emilia Pardo Bazán, Enrique Labarta Pose, Maruja Boga, Pedro Ferrer ou Portela Seijo incorpóranse á Escola Sinsal da man, talento e imaxinación de oito artistas do mundo do cómic: Emma Roulette, Begoña García-Alén González, Marta Cartu, Santi Zubizarreta, Pepa Prieto Puy, Andrés Magán, Rapapawn (Cynthia Alfonso e Óscar Raña) e Mar Mascaró.

    • Sesións San Simón

      Sesións San Simón

      Varias localizacións | Proximamente

      As Sesións San Simón son gravacións en cilindro fonográfico realizadas polo experto Aleks Kolkowski. Nelas participan de xeito activo as bandas e solistas que conforman o cartel secreto do festival, e consisten no rexistro dunha canción, de dous minutos, nun cilindro de cera. As sesións, realizadas en distintos espazos do arquipélago, son abertas para o público asistente. 

    • Malmequeres: rastrexando arquivos

      Malmequeres: rastrexando arquivos

      Escenario Malmequeres | Proximamente

      Malmequeres: rastrexando arquivos son sesións con casetes e cintas magnetofónicas que permitirán recuperar e poñer en valor arquivos e documentos rexistrados neste formato durante a segunda metade do século XX. No festival escoitaranse e gravaranse tres sesións -cada día será diferente- que explorarán outras tantas coleccións que, aínda que a súa orixe sexa diferente, posúen un mesmo valor simbólico.

    • Roteiro Descubre San Simón

      Roteiro Descubre San Simón

      Varias localizacións | Todo o día

      O roteiro Descubre San Simón é un itinerario independente ideado polo festival para que as e os asistentes coñezan a memoria da illa mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. A través dun código QR, ofrecen información en galego, español e inglés de fitos históricos: A roca de San Simón, Proxecto Trobadores, A avenida de Teruel, A paisaxe de Alejo Yáñez Andrade, O aeroporto marítimo de San Simón, A conexión de San SImón e o Pórtico da Gloria e, como novidade neste 2024, unha estación dedicada á memoria do compositor Reveriano Soutullo e do seu cuñado, Diego San José, preso en San Simón.

  • Sábado 27
  • Domingo 28
Ir arriba