Desde hoxe ás 12.00 horas poderás adquirir en Enterticket o teu abono de tres días para gozar de Sinsal SON Estrella Galicia 2023 (21, 22 e 23 de xullo na illa de San Simón). O cartel, coma sempre, é secreto, pero cada xornada será diferente á anterior. Contaremos con máis de vinte bandas e solitas chegadas de distintos puntos da Península Ibérica, mais tamén doutros lugares de Europa, África, América ou Asia. 

 

O número de abonos é limitado. Se tes dúbidas sobre como mercar as túas entradas, cales son horarios dos barcos ou onde están os embarcadoiros, podes consultar as nosas FAQ's, nas que incluímos as dúbidas máis habituais do público de Sinsal.

 

Lembra que para vir a San Simón é imprescindible ter entrada. E se no lugar de mercar abono prefires adquirir entradas por días, poderás facelo a partir das 12:00 horas do luns 8 en Enterticket..