Sinsalaudio recupera neste Sinsal SON Estrella Galicia 2022 o escenario da emblemática illa de San Antón para ofrecer unha serie de microconcertos singulares de música clásica, o que incide na diversidade estilística que forma parte da filosofía do festival.
As actuacións de 'Santo Antón Acústico' serán moi especiais e exclusivas, con dúas agrupacións galegas que se incorporan ao cartel de Sinsal pero que unicamente ofrecerán directos neste formato.  Os microconcertos terán lugar en horario de tarde, cada xornada contará cun grupo diferente e cada pase terá unha capacidade limitada. Por mor da singularidade destas actuacións, só accesibles para público reducido e para quen xa posúe abono ou entrada de día ao festival, Sinsal abre a venda de billetes para estes pases (2 euros cada un), coa intención de favorecer que as persoas con interese na actividade poidan garantir a súa asistencia.


Entradas sábado 23 

O sábado 23 haberá, desde as 16.00 e até as 17.30 horas, seis pases (nove minutos cada un). A capacidade máxima por concerto será de 20 persoas, polo que che recomendamos que merques con antelación a túa entrada en para poder garantir a túa asistencia. Mais se prefires esperar a chegar á San Simón, e se aínda quedan billetes, poderás mercar a túa entrada no posto de Administración. 


Entradas domingo 24

O domingo 24 haberá tres pases de 20 minutos cada un, entre as 16.00 e as 17.30 horas. A capacidade máxima por concerto será de 30 persoas, polo que che recomendamos que merques con antelación a túa entrada en para poder garantir a túa asistencia. Mais se prefires esperar a chegar á San Simón, e se aínda quedan billetes, poderás mercar a túa entrada no posto de Administración.