O festival Sinsal SON Estrella Galicia, que conta con todos os abonos e entradas de día esgotadas para este 2022,, amplía a súa programación unha xornada para ofrecer un concerto extra e, por suposto, secreto, nos estaleiros Cardama de Vigo
 

O luns 25 de xullo, festivo en Galicia, o escenario Cardama Shipyard Xacobeo 21-22 do recinto industrial situado nos terreos portuarios -e que foi unha das sedes do Sinsal Litoral 2020- acollerá a partir das 21.00 horas a actuación secreta dunha banda europea que non estará en San Simón, nun sorprendente directo no que conflúen diversas tradicións coa electrónica, e que o público unicamente descubrirá ao acceder ao escenario do estaleiro vigués Cardama Shipyard. A dirección de Sinsal recupera así unha das localizacións máis singulares do festival, todo un símbolo na cidade olívica, o que permite por en relación non só o patrimonio cultural co industrial; senón salientar o valor do sector dos estaleiros e do seu persoal traballador para á economía local. 
 

As entradas para esta bóla extra en Vigo do Sinsal SON Estrella Galicia 2022, cuxo directo coincidirá co solpor, saen hoxe mesmo á venda. O prezo dos billetes será de 10 euros agás no caso das e dos menores de 16 anos, en cuxo caso a entrada terá un prezo de 5 euros.