Lady Lykez únese ao cartel do sábado 7 no Museo do Mar
De Londres chega o hip hop de Lady Lykez. Desde que en 2012 se dera a coñecer nos festivais de Leeds e de Reading no escenario da BBC para artistas revelación, a británica afianzou o seu persoal estilo como rapeira, influído tamén pola súa relación coa percusión, cunha voz que abala entre a levitación e a turbulencia, que recolle o seu vínculo co grime e o dancehall, e que, ademais, revélaa como unha grande cantante.
O seu último traballo é o EP titulado Muhammad Ali. O sábado 7 de setembro a británica únese a Rocío Márquez, Y La Bamba, FAIA, Mary Lattimore e Iko Cuyagua no Festival Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar, en Vigo. As entradas para o sábado 7 teñen un prezo de 25 euros máis gastos de xestión; 5 euros para menores e poden mercarse AQUÍ. O festival arrancará o sábado ás 19:00; o domingo 8, a entrada é de balde e as actividades comezarán ás 12:30.