Sinsal SON Estrella Galicia e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, veñen de asinar o contrato correspondente de adhesión á marca FEST Galicia. 

A través deste selo, búscase contribuír a crear valor engadido en festivais con características singulares e distintivas, amosando ao tempo a diversidade e a pluralidade do talento musical galego e favorecendo a descentralización da oferta cultural. 

As catro citas FEST Galicia deste ano desenvolveranse ou iniciaranse no mes de xullo, comezando polo Rompetiño Jump en Porto do Son, entre os días 4 e 6 ; 17º Festival Ribeira Sacra, en varios concellos lucenses desa zona do 18 ao 20; Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón (Redondela), do 25 ao 27, e o SonRías Baixas en Bueu, do 31 de xullo ao 3 de agosto.